Para proceder a solicitar un traslado de expediente é preciso estar matriculado nun centro oficial.

Deberá solicitarse o traslado no prazo establecido a tal efecto polo Conservatorio. (2º quincena do mes de xullo, data orientativa).

O alumnado que teña materias pendentes para a convocatoria extraordinaria de setembro deberá presentar certificación actualizada unha vez realizadas as probas.

A presentación da solicitude non garante a praza neste centro para o vindeiro curso académico.

Unha vez publicada a resolución do alumnado admitido por traslado de expediente deberán formalizar a matricula neste centro no prazo establecido a tal efecto.

Documentación necesaria:

- Instancia.

- Fotocopia do DNI ou Libro de Familia (folla do alumno/a).

- Certificado académico de estudos.

- Documentación xustificativa do motivo alegado para solicitar o traslado.