ALUMNADO DE 6º CURSO DO GRAO PROFESIONAL

 

Todo o alumnado que remate os seus estudos, na convocatoria de xuño ou na extraordinaria de setembro, deberá realizar os trámites necesarios para solicitar o título do grao profesional nos prazos establecidos polo centro.

É imprescindible para poder realizar probas de acceso aos conservatorios superiores ter realizado este trámite.

DOCUMENTACIÓN:

- Instancia.

- Fotocopia actualizada do DNI ou do Libro de Familia (Folla do/a alumno/a).

- Modelo de Taxas € da Comunidade Autónoma de Galicia.