• A Banda Profesional en Praterías 2013

    DÍA EUROPEO DA MÚSICA

    Noticia en Concello de Santiago

     

    21 de xuño 2013, 13:00

    Praza de Praterías. Entrada libre.

    A Banda Profesional do CMUS Santiago ofrece un concerto con repertorio variado (Simón Couceiro, James Barnes, Kachaturian) e temas de zarzuela co tenor Felipe Céspedes e a soprano Noa Outumuro.

     

    Programa

  • A todo tango, homenaxe a Ástor Piazzola 2013

    Xoves 7 de febreiro 2013,  20:10

    Auditorio de conservatorio

    Trío de violín, trompeta e piano polos profesores do conservatorio,
    Fernando Rey, Humberto Cao e Diego Paz

  • Alumnado do CMUS de Santiago en concerto ca Banda Municipal 2013

    Ensaios 4 a 6 de abril na sala Mozart.

    Concerto Domingo 7 de abril, 12:00

    Teatro Principal. Entrada de balde ata completar aforo, previa retirada de localidades na billeteira do Teatro Principal: 18-21 h, de martes a sábado, e o día do concerto a partir das 11:00 h (dúas entradas por persoa).

    A Banda Municipal colabora ca Banda do CMUS nun proxecto didáctico que culmina neste concerto.

    Web Concello Santiago      Correo Gallego Noticia     Correo Gallego Artigo

  • Clásicos na Ascensión no Teatro Principal 2013

    Martes 7 de maio, 18:00 h

    Teatro Principal. Novas invitacións dispoñibles no conservatorio a partir do día 2 de maio.
    Entrada libre ata completar aforo, previa retirada de entrada na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h e no Conservatorio de 8:30 a 22:00 h.  h, e o día do concerto a partir das 17:00 h. A Orquestra xuvenil e a Banda xuvenil do Conservatorio Profesional ofrecen un concerto enmarcado no programa das Festas da Ascensión. A orquestra abrirá o concerto cun Allegro de Corelli e Bytes and pieces de Tony Osborne. De seguido a banda interpretará a Suite  nº 2 en fa de G. Holst, , pasodoble Festas en Dacs de Juan Mas Quiles, Os ríos e Cordillera dos Andes de A. Malando. 
    Animamos a todos a asitir a este concerto nun espazo tan emblemático da cidade e ao que o Conservatorio ten a oportunidade de levar ao alumnado.
  • Concerto de agrupacións do Conservatorio no CHUS 2013

    Martes 18 de Decembro de 2013, 18:30 H

    Distintas agrupacións do Conservatorio ofrecerán un concerto no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

  • Concerto de intercambio 2013: pianistas de A Coruña en Santiago

    17 de abril de 2013, 18:00

    Auditorio do Conservatorio

    O alumnado dos conservatorios de A Coruña e Santiago participan en concertos de intercambio: o pasado luns os/as pianistas de Santiago deron un recital en Coruña e este mércores convidadmos aos pianistas do CMUS A Coruña ao noso centro.

    Programa

  • Concerto de Santa Icía 2012

    PROFESORES DO CONSERVATORIO
    Concerto para guitarra en ReM - A. VIVALDI
    Concerto para dous frautas DoM - A. VIVALDI
    Concerto para trompeta en SibM - J. W. HERTEL
    Suite para cordas - L. JANACEK
    XOVES, 22 DE NOVEMBRO DE 2012 18:00 H.
    Auditorio do Conservatorio

    Ligazón á galería de fotos.

  • Concerto de tango en Hervor e Fervor 2013

    Concerto de tango

    Domingo 7 de abril de 2013, 21:00

    Pracinha das Penas, nº 2 "Hervor e fervor". Entrada libre.

    O curso de Iniciación ao tango que se realiza no Conservatorio do 5 ao 7 de abril clausúrase cun concerto onde se misturará tango tradicional e novo. 

    Localización Google Maps

  • Concerto de violín, guitarra e piano 2012

     Tânia Camargo Guarnieri, vioín

    Isabel Rei , guitarra & Araceli Chacon, piano

    Música de Falla, Piazzolla e Guarnieri

    Xoves, 11 outubro de 2012, 19:15h - Auditorio

  • Concerto de Zoar Ensemble 2013

                                                DÍA EUROPEO DA MÚSICA                                        

                      Noticia en "Concello de Santiago de Compostela"

    Venres 21 de xuño, 20:00
    Auditorio do Conservatorio.
    Concerto de Zoar Ensemble coa colaboración de Saúl Canosa e Álex Cimadevila, enmarcado na programación que ofrece o Conservatorio Profesional de Santiago no Día Europeo da Música.
    Obras de Say, Milhaud, Copland e Janácek.
  • Concerto do Coro de Amigos do CMUS Santiago en Lugo 2013

    Sábado 6 de abril, 18:00 e 20:30

    18:00, Igrexa San Antonio de Albeiros. Entrada libre.

    20:30, Igrexa Santiago A Nova (Lugo). Entrada libre.

  • Concerto do Cuarteto Skirion 2013

    Concerto do Cuarteto Skirion e Narciso Pillo

    Domingo 14 de abril de 2013, 20:00 h
    Auditorio do Conservatorio
    Concerto de Clausura do Curso de Saxofón realizado no CMUS de Santiago os días 13 e 14 de abril e impartido polo profesor Narciso Pillo
     
     
  • Concerto na sala Mozart 2013

    Concerto na sala Mozart

    Orquestra Sinfónica e Banda Profesional

    Mércores 17 de abril, 19:30

    Auditorio de Galicia: Sala Mozart. Entrada libre.

    Banda Profesional, director: José Rodríguez Ramos. Orquestra Sinfónica do CMUS de Santiago, directores: Roberto Santamarina e Alejandro Valcárcel

     

    Programa

  • Concerto na sala Mozart: Pianistas, Coro e Banda xuvenil 2013

    Xoves 14 de Marzo de 2013, 17:30

    Auditorio de Galicia, sala Mozart. Entrada libre

    Participa: Coro de amigos do CMUS, pianistas, Banda xuvenil e Coro profesional, interpretando unha selección da zarzuela "El barberillo de Lavapiés" de Barbieri.

     

    Programa

  • Concerto no CGAC 2013

    Xoves 23 de maio, 18:30

    Centro Galego de Arte Contemporánea. Entrada libre.

    Participa alumnado de piano, dúos de canto-piano, canto-guitarra e Big Band.

  • Concertos de Intercambio 2013

    Data: 8 de abril a 2 de maio de 2013

    O alumnado do CMUS Santiago participa en concertos de intercambio en outros centros como o CMUS A Coruña, CMUS Ourense e CMUS Lugo. Así mesmo, recibiremos no noso centro a alumnado de piano e percusión de A Coruña e á Banda elmental de Lugo.

  • Conto musical: Violeta en Compostela 2013

    Ligazón: Unidade_didactica_Violeta_en_Compostela_2013.pdf

    Conto musical: Violeta en Compostela

    Sábado 2 de febreiro 2013, 12:30

    Auditorio de Galicia

    Entrada libre ata completar o aforo, previa retirada de localidades na billeteira do Auditorio de Galicia (aberta desde as 11.30h)

    Integrado  no Ciclo de Concertos en Familia do Auditorio de Galicia.

    Realizan alumnas do Conservatorio: Violas: Xiana Baliñas, Adela Beiro, Silvana Fernández, Alicia Jardón, Iria Levoso, Elisa Maroño; Violonchelo: Claudia de los Santos; Percusión: Antía Lameiro. 

    Dirección escénica:Theo Smeu. Dirección musical e coordinación: Itsaso Bermejo e Lorenzo de los Santos.

  • Dúo de guitarras "2028" 2013

    Dúo de guitarras “2028”

    Martes 2 de abril 2013, 20:00

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Viaxe, despedida, recordo

    Programa

  • Exposición Didáctica do órgano e concerto Coro Amigos do CMUS 2013

                                              DÍA EUROPEO DA MÚSICA                                             

    Noticia en la Web del Concello de Santiago

     

    Exposición Didáctica do Órgano e Concerto do Coro de Amigos do CMUS Santiago

    Venres 21 de xuño, 20:00

    Igrexa das Ánimas. Entrada libre.

    O Conservatorio Profesional e a Escola de Música Berenguela súmanse á oferta cultural do Día Europeo da Música organizada polo Concello de Santiago e realizan unha actividade conxunta en torno á figura do órgano da Igrexa das Ánimas, que constará de dúas partes: Exposición Didáctica do órgano e Concerto do Coro de Amigos do CMUS.

    Programa

  • Gala Lírica de Canto 2013

    I Gala lírica de canto

    Venres  10  de maio 2013,  20:00

    Teatro Principal. Entrada: 5 €. Retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal de 18 a 21 h.

    Participa alumnado de canto dos conservatorios de profesionais toda Galiza. Organiza Asociación de Amigos da Ópera en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago.

  • I Ciclo de Música de Cámara Hilario Courtier 2013

    O CMUS de Santiago promove o I Ciclo de Música de Cámara Hilario Courtier con tres concertos en distintos espazos da cidade. O primeiro terá lugar

    Xoves 21 de febreiro, 18:00

    Igrexa das Ánimas. Entrada libre.

    Luns 4 de marzo, 20:30

    Auditorio do Conservatorio. Entrada libre

    Xoves 7 de marzo, 19:00

    CEGAC. Entrada libre. 

     

    Programas

  • I Ciclo tocamos xuntos 2013

    22 a 26 de abril

    Luns 22, 18:30 h; martes 23, 19:00; xoves 25, 19:00; venres 26, 19:00.

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Participa alumnado de distintas clases colectivas, conxuntos e cámaras.

  • I Xornadas de órgano Mariano Tafall 2013

     O CMUS de Santiago organiza as primeiras XORNADAS DE ÓRGANO MARIANO TAFALL (16 a 22 de febreiro de 2013).

    Queremos poñer en valor un instrumento marabilloso, que forma parte do valioso patrimonio galego, e especialmente da cidade de Santiago de Compostela.
    Nestas xornadas queremos amosar o órgano desde distintas perspectivas: non so o escoitaremos, senón que realizaremos unha viaxe ao seu interior. As xornadas comezan cun Concerto no magnífico órgano de San Paio, continúan con visitas guiadas aos órganos da Capela da Real cofradía das Ánimas e Catedral, conferencia por expertos do Equipo de Catalogación de órganos e culmina cun Concerto Didáctico pola única profesora de órgano de Galicia no histórico órgano da Igrexa da Universidade. Todo enmarcado nunha Exposición fotográfica de órganos no CMUS de Santiago.

    Colaboran: Vicerreitoria de Estudantes, Cultura e Formación contínua, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, Conservatório de Música de Porto, CMUS de Ourense, Asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, Equipo de Catalogación de órganos de Galicia e EDLG.
  • II Velada Solidaria a favor da Cruz Vermella 2013

    Venres 19 de Abril, 20:00

    Centro Superior de Hostelería de Galicia.

    O CMUS de Santiago e o CSHG organizan un cóctel-concerto nunha velada solidaria a favor da Cruz Vermella. Venta anticipada de entradas na Cruz Vermella e Conservatorio Profesional, o mesmo día no Centro Superior de Hostelería.

    Donativo: 20 € (1 entrada), 35 € (dúas entradas), 50 € (tres entradas), 60 € (catro entradas)

    Entrada infantil (4 a 12 anos) 6€, nenos/as ata 3 anos entrada gratuíta

    Programa

  • Maratón solidaria a favor da Cociña Económica 2012

    VENRES 21 DE DECEMBRO DE 2012

     O venres  de 16 a 22 h celebrarase no centro a tradicional Maratón a favor da Cociña Económica, na que participan as agrupacións do centro. O Conservatorio abre as súas portas á cidade e a toda a comunidade educativa, convidando ao público a unha tarde onde a música será a protagonista.

  • Masterclass de clarinete e recital de clarinete e piano 2013

    Xoves 20 de xuño, 16:30

    Auditorio do Conservatorio.

    Masterclass de Óscar Espina Ruiz para o alumnado de clarinete do CMUS Santiago

     
    Xoves 20 de xuño, 20:30
    Auditorio do Conservatorio. Entrada libre.
    Recital de clarinete e piano por Óskar Espina Ruiz e Haruna Takebe.
     
  • No bico un cantar 2013

    Debido á alta probabilidade de chuvia, a organización tomou a decisión de mudar o lugar de celebración do concerto No bico un cantar, que terá lugar mañá, 7 de xuño ás 17:30 horas para garantir un correcto desenvolvemento do acto. No canto da praza da Quintana, o concerto celebrarase na Igrexa de San Domingos de Bonaval,onde está situado o Panteón de Galegos Ilustres no que descansan os restos de Rosalía de Castro.

    Localización: San Domingos de Bonaval, xusto ao carón do CGAC e do Museo do Pobo Galego.

  • O Ensemble de clarinetes no Paraninfo 2013

    Venres 8 de marzo de 2013, 18:00

    Paraninfo da Universidade. Entrada libre.

    O Ensemble de clarinetes, dirixido por Saúl Canosa, interpretará obras de Mozart. Pianista: Sara Campos e arreglista: Alberto Aneiros. 

     

    Programa

  • Orquestra do Conservatorio & R.F.G. - Director Diego García 2013

     


    Ligazón do curso de orchestra

    O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2013 ás 18:30 h, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela culminará un proxecto didáctico en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia cun concerto extraordinario na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Os/as nosos/as alumnos/as están a traballar intensamente co director de orquestra Diego García Rodríguez e con profesores da R.F.G. na preparación dun programa sinfónico achegándose á realidade da práctica orquestral profesional. Este proxecto didáctico complementa de xeito extraordinario a súa formación académica adquirida no conservatorio.

    Ligazón da guía didáctica da Orquestra RFG

  • Percusión Attacca

    Martes 30 de abril de 2013, 19:00
    Auditorio do Conservatorio. Entrada libre.
    Enmarcado nos concertos de intercambio que realiza o centro con outros conservatorios, convidamos ao noso auditorio ao grupo de percusión Attacca do CMUS de A Coruña.

  • Recitais Fin Grao Profesional 2013

    As/Os alumnas/os que finalizan os seus estudos de música de Grao Profesional no centro ofrecen recitais abertos ao público desde o 2 de maio ata o 13 de xuño no auditorio do Conservatorio e no Hostal do Reis Católicos.

     2 MAIO  20:00

    Guitarra

    Auditorio do Conservatorio

    Nuria Varela, Miguel Carbajo, Inés Rodríguez e Pablo Terraga 

  • Recital de frauta: Melanie González 2013

    Recital de frauta

    Mércores 10 de abril, 17:00

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Concerto de fin de carreira de Melanie González (frauta). Acompañan: Iago Lariño (frauta), Noia Suárez (violoncello) e José Luis Reguilón (piano)

  • Recital de piano de alumnos de Vigo 2013

    Xoves 31 de xaneiro de 2013, 20:00

    Auditorio do conservatorio

    Actuación das/os alumnos/as do Conservatorio Superior de Música de Vigo

    Programa 

  • Recital de piano e cámara: 2013

    Martes 5 de febreiro 2013, 19:30

    Auditorio de conservatorio

    I Parte: Piano, Luca Hauser. II Parte: Violín e piano, dúo Hauser-Vlashi; Trío violín, violoncello e piano, Diana Poghosyan, Iago Domínguez e Manuel Casares

  • Recital de piano Javier Fernández 2013

    Martes 2 de abril 2013, 18:00

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Pianista: Javier Fernández Carrasquilla

    Programa

  • Recital de piano: Gonzalo Álvarez 2012

    Venres 14 de Decembro de 2012 as 20.00h
    O pianista Gonzalo Álvarez do Conservatorio Superior de Vigo ofrecerá esta tarde un recital de piano con obras de Bach, Rachmaninov e Liszt.
    Programa
    J.S. Bach Preludio e fuga sol menor BWV 861
    F. Liszt Vals Mephisto
    S.Rachmaninov Momentos musicais nº 3, 4
    F. Liszt Sonata en si menor

  • Recital de violín e piano: Daniel Chirilov e Vera Pavlova 2013

    Venres 15 de marzo 2013, 17:00

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Interpretan: Daniel Chirilov, violín e Vera Pavlova, piano.

     

    Programa

  • Recital fagote, clarinete e piano 2013

    Recital de clarinete, fagote e piano

    Mércores 3 de abril 2013, 19:30

    Auditorio do conservatorio. Entrada libre.

    Paloma Pinto Viloria, Alejandro Valcárcel Moura e Natalia Méndez

     

    Programa

  • Solistas en ascensión 2013

    Martes e mércores 7 e 8 de maio de 2013, 20:00 

    Paraninfo da Universidade. Entrada libre.
    O Conservatorio Profesional ofrece dous concertos enmarcados nas festas das Ascensión, cunha selección de nove alumnos/as que interpretarán obras de Brahmns,Liszt, Poulenc, Mozart, Spohr, Albéniz, Turina e Sorozábal.
     
    Programa
  • V Acude e Escoita 2013

    29, 30 de abril e 2, 3 de maio

    Acude e escoita é un ciclo de concertos dos diferentes departamentos do conservatorio. É  a primeira vez que este ciclo sae do centro para levalo a diferentes espazos da cidade, no camiño de que o Conservatorio esté presente na cidade e que a cidade o sinta como seu. Hai unhadoble vía de atuación, por unha banda o centro sae á cidade e por outra o público en xeral está convidado a asistir aos nosos eventos musicais e culturais.

    Tradicionalmente este ciclo realizábase  no centro e este ano presentámolos fora grazas á colaboración do Vicerreitorado de Cultura, ao Hostal dos Reis Católicos e ao CEGAC por cedermos os seus espazos.

    Luns 29 de abril, Paraninfo da Universidade, 18:00 Piano

    Martes 30 de abril, Paraninfo da Universidade, 18:00 Guitarra

    Xoves 2 de maio, Hostal dos Reis Católicos, 18:00 Corda 20:00 Madeira

    Venres 3 de maio, CGAC, 18:00 Metal Percusión 20:00

    Programa

  • Xornadas de Música Contemporánea: Cage e o piano preparado 2012

    Santiago de Compostela 2012 Concierto "John Cage"

    Pianista: Elisa Vázquez Doval
    Venres 26 de outubro de 2012 ás 19:30
    Auditorio do Conservatorio
    Entrada libre e gratuita