• A Orquestra Xuvenil do centro precisa 4 violíns de reforzo 2013

    ¿Tocas o violín? ¿estás farto de tocar solo?, ¿gustaríche facer música con outros rapaces da túa idade?

    ¡¡¡¡¡¡ Ánimo, estás de sorte!!!!!!!!!

    A Orquestra Xuvenil de corda do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela precisa 4 violíns de reforzo.
    Anótate ata o 26 de febreiro de 2013

    Ligazon: inscricion-orquestra-xuvenil

  • I Concurso de Composición de música contemporánea 2013

    I CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2013 OBRAS PARA ORQUESTRA XUVENIL DE CORDA

     

    Listado de obras admitidas a concurso:

    Pseudónimo SINESITA.

    Pseudónimo HOMER ZITERMAN.

    Pseudónimo DARTAÑÁN.

    Pseudónimo SANTA COMPAÑA.

  • II Concurso de solistas 2013

    O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela promove o II CONCURSO DE SOLISTAS. O obxectivo é animar e incentivar aos rapaces ao estudo na preparación dun programa, co aliciente de poder participar como solista cunha das agrupacións do centro. A ANPA "Vía Stellae" patrocina o concurso.

    Pode participar o alumnado do centro.

    Prazo de inscrición: ata o 13 de marzo de 2013.
    Datas das probas: 21 e/ou  22 de marzo de 2013.

    LISTADO DE PARTICIPANTES:

  • O alumnado demostra un moi bo nivel no II Concurso de Solistas 2013

    O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela  e o  xurado  do  II Concurso  de  Solistas  quere  felicitar  aos dezaoito  participantes no concurso polo  excelente  nivel  demostrado na proba. Ánimo a todos/as para manter o esforzo demostrado no día de hoxe e  a seguir avanzando nas vosas carreiras profesionais no mundo da música. O equipo directivo e o profesorado están orgullosos do excelente alumnado que estuda no centro. De verdade… parabéns!

    Resultado do concurso:

  • Resultados I Concurso de Composición de Música Contemporánea 2013

    O tribunal cualificador das pezas presentadas para o I Concurso de Composición de Música Contemporánea, na edición Orquestra Xuvenil, decide deixar o PREMIO DESERTO.

    Desde a dirección do centro agradecemos aos participantes a súa colaboración, animándoos a seguir traballando e a presentarse a futuras edicións do concurso.

    Observacións do tribunal.