• A II Velada Solidaria acada unha boa recadación 2013

    O pasado venres 19 de de abril o Centro Superior de Hostelería de Galicia e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago organizaron a II Velada Solidaria en favor da Cruz Vermella, ofrecendo un cóctel e un concerto que abriu o Coro de Amigos do CMUS, seguido de outros grupos camerísticos: ensemble de fagots, dúos de violín e violoncello, guitarra e frauta ademáis dunha variedade de dúos con percusión. Ao acto asistiron a Secretaria de Turismo, o Presidente da Cruz Vermella de Santiago, a directora do CSHG Patricia Cuevas e o equipo directivo do CMUS de Santiago. Os directores dos centros organizadores fixeron entrega dun cheque simbólico ao Presidente da Cruz Vermella co importe da recaudación: 1684 euros.

  • Alumnado do CMUS demostra o seu nivel coa Banda Municipal 2013

    O Teatro Principal completa o seu aforo no concerto do 7 abril realizado en colaboración entre a Banda Municipal e 25 alumnos/as do Conservatorio Profesional de Santiago. A Banda municipal veu incrementada a súa plantilla habitual de 30 músicos a 55, interpretando así un repertorio sinfónico que marabillou ao seu público habitual. Con esta boa experiencia o proxecto didáctico continuará no vindeiro ano, consolidando deste xeito a relación entre dúas entidades musicais de referencia da cidade. Agradecementos a Víctor Carou, ao director da banda, Xosé Carlos Seráns, aos músicos voluntarios que prepararon aos rapaces nos ensaios seccionais previos, á Banda Municipal, ao coordinador de bandas do CMUS, José Rodríguez Ramos, e por suposto a todo o alumnado que participou neste encontro. Sen a boa vontade de todas estas persoas, este proxecto non sería posible.
  • Boa acollida das I Xornadas de Órgano "Mariano Tafall" 2013

    Rematan as I Xornadas de Órgano cunha moi boa acollida por parte do público. Foi realmente unha grata experiancia para moitas persoas  o ter a oportunidade de acercarse a un instrumento tan descoñecido como é o órgano. Ás visitas didácticas aos órganos de as Ánimas e Catedral achegáronse máis de 70 persoas, entre alumnado de Ourense e Porto, comunidade educativa do centro e público en xeral. A clausura das xornadas na Capella da Unoversidade contou ca participación de alumnos/as de linguaxe musical que cantaron por primeira vez acompañados do órgano. Ante a súa curiosidade improvisáronse ao final do didáctico unhas explicacións adaptadas a eles e ensinóuselles o interior do órgano. Acudiu un considerable número de persoas, cubríronse todas  as butaca e, quedando xente de pe. Como invitados especiais estiveron os descendentes do homenaxeado Mariano Tafal, que seguiron con interés o desenvolvemento das xornadas acudindo a todos os actos. As xornadas tiveron repercusión na prensa dixital e escrita, así como na tvg.

    Noticia en "La voz de Galicia"    Noticia en "El correo gallego"    Artigo en "El correo gallego"    Reportaxe na TVG

     

     

  • Concerto de solistas 2013

    Venres  31 de maio, 20:00

    Igrexa da Universidade. Entrada libre.

    Interpretación de obras para solista e agrupación. Solistas: Sarai Paz Díaz (tuba), Daniel Dobarro Landeira (frauta), Cecilia Castro Aldrey (óboe), Luis López Jorge (violín) e Felipe  A. Céspedes Sánchez (tenor). Acompañan: Banda Xuvenil, Orquestra Sinfónica e Banda Profesional.

    http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/concierto-de-alumnos-del-cmus

  • Concerto no Teatro Principal 2013

    Brillante e concorrido concerto no Teatro Principal, enmarcado nas Festas da Ascensión.

    A prensa local titula deste xeito as actuacións da Orquestra Xuvenil de corda e da Banda Xuvenil o pasado martes 7 de maio no Teatro Principal.

    Podedes consultar a noticia na seguinte ligazón: 

    Noticia en "El Correo Galego"         Youtube_orquestra_xuvenil

     

  • Día Europeo da Música 2013

    Galería fotográfica     Video da actividade     Noticia en "El correo Gallego"    Otra noticia en "El correo gallego"

    O Conservatorio Profesional abriu o seu auditorio á cidade e levou a música ao centro histórico de Compostela para celebrar o Día Europeo da Música programado polo Concello de Santiago. Comezamos co concerto da Banda Profesional dirixida por José Rodríguez Ramos, que actuou co tenor Felipe Céspedes e a soprano Noa Outumuro, aplaudidos calurosamente polo público de Praterías. Chegada a tarde, a celebración continuou na Igrexa das Ánimas ca Exposición Didáctica do Órgano por Marisol Mendive, actividade organizada pola Escola de Música Berenguela, seguida da gran actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago dirixido por Manuel Fernández Tojo. A actividade conxunta aunou público e fixo que a espaciosa igrexa das Ánimas quedase pequena, deixando a xente en pé. Máis o público tivo que elixir, pois á mesma hora no Auditorio do CMUS soaba Zoar Ensemble coa colaboración de Saúl Canosa e Alejandro Cimadevila, para deleite dos asistentes.

    Sen dúbida, festexamos un bo Día Europeo da Música.

     

  • Dous organistas en Compostela: Unha aproximación ao órgano 2013

    Luns 3 de xuño, 18:30 h

    Auditorio de Galicia. Entrada libre. 

    Conferencia: O órgano, Patrimonio descoñecido de Galicia. Os segredos da súa sonoridade histórica.

    Imarten: Abraham Martínez e Marisol Mendive.

    Achégate ao órgano, coñéceo de cerca, próbao…descobre os seus segredos. 

    O Conservatorio Profesional de Santiago e a RFG impulsan esta actividade, continuando na súa liña de actuación.

    Noticia en "El correo gallego"      Noticia en "Santiago Turismo"

  • Éxito da orquesta do CMUS e a RFG 2013

    A  Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela en colaboración ca Real Filharmonía de Galicia enchen a sala principal do Auditorio de Galicia. O pasado venres máis de 1.700 alumnos da ESO de toda a comunidade achegáronse a Compostela a escoitar un Concerto Didáctico froito dunha intensa colaboración entre dúas das institucións musicais máis representativas de Santiago de Compostela. Os estudantes do público contaxiáronse do entusiasmo que transmitiron os músicos nun espléndido concerto que rematou ca vistosa peza de L. Anderson, Typewriter, interpretada cunha orixinal máquina de escribir.

  • Gala lírica dos Conservatorios Profesionais de Galicia 2013

    Con unha notable afluencia de público celebrouse o pasado venres día 10 de maio a Gala Lírica organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC)  en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela que reuníu no Teatro Principal de Santiago a 10 alumnos dos Conservatorios de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela.

    Felicitamos a todos os alumnos participantes que levantaron do público sinceros aplausos e moi especialmente aos nosos alumnos Felipe Alonso Céspedes Sáncheze Noa Outomuro González.

    Felipe Céspedes acadou o premio do xurado na modalidade de ópera e  Cristina Suárez, do Conservatorio de Lugo, na modalidade de Zarzuela. Nesta modalidade Noa Outomuro realizou unha gran interpretación da aria "Me llaman la primorosa" da Zarzuela El Barbero de Sevilla que, para o sentir do público asistente, foi a máis celebrada de todas as interpretacións de zarzuela.

    Ligazón á galería de fotos.

  • Nenos e nenas cantan a Rosalía en Compostela 2013

    Nenos e nenas foron "Cincocentas Campaniñas da igrexiña do lugar" en Bonaval.

    Así titula a prensa o evento de "No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía", organizado polo Consello da Cultura Galega. Do Conservatorio Profesional de Santiago asistiron 78 rapaces, que disfrutaron dun día cultural e de ocio. Comezamos na Cidade da Cultura ca fascinante visita guiada á Exposición Orinoco, a continuación realizouse o ensaio con Zumalave e ás 14 o xantar. Tiveron case dúas horas de tempo libre para xogar e relacionarse entre eles, antes de marchar acompañados da choiva cara a Bonaval. O concerto foi emotivo, guiado polas verbas da escritora Fina Casalderrey.

    Na segunda edición do Informativo de TVE do día 7 de xuño ás 21:00h a partir do minuto 51:50 podedes ver unha noticia sobre o concerto No bico un cantar.    

     

  • O Conservatorio espalla o talento dos seus solistas 2013

     Así titula a prensa o Concerto de solistas realizado o 31 de maio de 2013 na Igrexa da Universidade. Este concerto é froito dun concurso realizado no centro que nesta edición incorpora a categoría Xuvenil para os máis pequenos. Este será, sen dúdida, un concerto inolvidable para os nosos solistas, poucas oportunidades atoparán os rapaces de tocar acompañados dunha orquestra ou banda. Un público entusiamado, numeroso, que tivo que quedarse en pé por esgotarse os asentos, espallouse  en aplausos e bravos, tan merecidos polos nosos alumnos e alumnas. Antes da clausura do concerto, o Director do centro entregou os diplomas e a Secretaria da Anpa "Via Stellae"  o cheque-agasallo, símbolo do seu patrocinio no II Concurso de Solistas 2013. Recordou tamén a Franco Locardi e Antía Lameiro, premiados no Concurso e que non puideron estar no concerto. 

    Galeria do concerto           Noticia en "El Correo Gallego"         

     Video de la Traviata de Verdi

     

  • O conservatorio na cidade 2013

    Remata o V Ciclo Acude e Escoita e Solistas en Ascensión cunha presencia do Conservatorio en distintos espazos da cidade: Hostal dos Reis Católicos, Paraninfo da Universidade e CGAC. Hai que destacar a gran implicación dos departamentos nuns concertos que deleitaron ao público santiagués. Especial felicitación merecen os nove solistas que actuaron no Paraninfo no ciclo Solistas en Ascensión polas suas marbillosas interpretacións, sendo unha boa mostra do bo nivel musical que profesores e alumnos/as están acadando no conservatorio.Parabéns para Romina Locardi, Manuel Lorenzo, Alberto Aneiros, Tania Otero, Luis Martínez, Helena Orriols, Felipe Céspedes, Pablo Terraga, Lara Taboada e os seus pianistas acompañantes.

    Artigo en "El correo gallego"        Interpretación da obra "El puerto" de Albeniz

  • O tango na noite Compostelana 2013

    O alumnado do curso de Iniciación ao tango, impartido por Alicia Alonso e realizado no CMUS Santiago, deleitou ao público o domingo 7 de abril cunha actuación no local Hervor e Fervor, interpretando dous temas traballados durante o curso. Como broche de ouro a mestra interpretou un tango para violín solo, emocionando ao auditorio. Esperamos escoitarte de novo, Alicia.

    http://www.youtube.com/watch?v=lupbcvBvSaI

     

  • Os cativos vibraron no Auditorio do Conservatorio 2013

    Máis de 200 cativos de 3 a 5 anos e ASPANES vibraron co Concerto de Cativiños ofrecido polo centro o xoves 28 de febreiro pola mañán en dous pases. Asistiron nenos e nenas do CEIP Fontiñas, E.I. Casa do neno, E.I. Pequerrechos e ASPANES (asociación de pais de nenos autistas). O Concerto Didáctico estivo narrado por Dora a exploradora, Alejandra Escolante, e contou ca participación da aula de jazz do centro, o dúo contrabaixo e percusión de Juan Cañada e Ton Risco, o grupo de tubas dirixido por Manuel Martínez e o gaiteiro Miguel Melero. Os cativos participaron respondendo ás preguntas que lles facía Dora, palmeaban de xeito espontáneo os ritmos e ata bailaban nas butacas. Unha boa experiencia para todos/as. O CMUS de Santiago continúa deste xeito no seu obxectivo de achegar a música e o centro a todas as idades e espazos.

    Noticia en "El Correo Gallego"           Video do concerto

     

     

  • Violeta en Compostela esgota as entradas nada sala Mozart 2013

    Unha vez máis o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela enche o Auditorio de Galicia, esta vez co conto musical Violeta en Compostela, integrado no ciclo de Concertos en familia do Audotorio de Galicia. Tanta era a expectación, que houbo persoas que tras esgotarse as entradas non puideron entrar á Sala Mozart. Do mesmo xeito, debido á gran demanda da actividade, varios colexios non puderon asistir ás sesións organizadas para centros escolares. As alumnas que participaron no conto estaban entusiamadas, e compartiron as súas emocións e ledicia co público. Parabéns para todas elas, Xiana Baliñas, Adela Beiro, Silvana Fernández, Alicia Jardón, Iria Levoso, Elisa Maroño, Claudia de los Santos e Antía Lameiro, para o director escénico, Theo Smeu e, especialmente para os directores musicais e coordinadores, Itsaso Bermejo, profesora de viola, e Lorenzo de los Santos, pianista acompañante, pois sen a súa iniciativa e entusiasmo non sería posible este proxecto.

  • Xavier Casal, medalla de ouro en Luxemburgo 2012

    "Xavier Casal non esconde a satisfacción de ser premiado o pasado 11 de novembro en Luxemburgo, xunto ao cuarteto de saxofón ao que se uniu fai un ano, ca medalla de ouro no pretisioxo Concurso Europeo de Xóvenes Solistas de Música de Cámara. Este galardón ábrelle camiño no circuito internacional e refrenda unha carreira iniciada no conservatorio de Santiago e consolidada no de Salamanca. No 2011 trasladouse a Burdeos para completar alí un postgrado"

    La Voz de Galicia, 24/11/2012

  • Zarzuela na Sala Mozart 2013

    O concerto realizado o xoves 14 de marzo na sala Mozart tivo moi boa acollida. Abriu o concerto o Coro de Amigos do CMUS, seguido de actuacións de piano para rematar ca música da banda xuvenil e a Zarzuela "El barberillo de Lavapiés" de Barbieri en colaboración co coro e catro solistas da especialidade de canto.

    MP4 Zarzuela