• Certamen Intercentros 2013

    Un ano máis celébrase o Certamen Intercentros, no que pode participar alumnado matriculado no Grao Profesional. A Fase Autonómica realizarase na Escola de Artes Escénicas de Ourense, Rúa da Canle 4, o día 30 de novembro ás 18 h, e o gañador desta proba representará a Galicia na  proba final que se celebrará en Madrid. O prazo de inscrición finaliza o 24 de outubro (os boletíns pódense recoller na conserxeria), sendo necesario entregar o boletín de inscrición xunto co xustificante de pago (50 euros) e ter o visto bo do titor/a. Podes consultar a información detallada nos taboleiros do centro e no seguinte enlace:

    http://fundacionorfeo.com/certamen/grado-profesional/grado-profesional-bases-2013/

  • Acta do Concurso de Composición "Varela Silvari" 2015

    Anunciamos o gañador do concurso de composición "Varela Silvari" na súa edición deste ano.

  • Concurso "Varela Silvari" 2015

    Publicamos a listaxe definitiva de obras seleccionadas para o "Concurso Varela Silvari"

     

  • Concurso Intercentros 2014

    Dous alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela obtiveron sendos 2º e 3º premio no 13º Certamen de interpretación "Intercentros Melómano"

     

  • Concursos

  • Convocatoria do "Concurso de solistas"

  • I Percuolimpiadas 2014

    O Departamento de Percusión do CMUS de Santiago de Compostela quere impulsar estas primeiras Percuolimpiadas ca finalidade de que @s alumn@s participen nunha actividade que pretende trasladar o traballo da aula a unha situación real de proba ou audición como solista. As Percuolimpiadas van dirixidas a todo o alumnado de percusión do CMUS de Santiago de Compostela, sen límite de curso ou idade.

    Inscrición online ata o 22 de febreiro de2014

     Inscrición     Tríptico informativo      Cartaz

  • II Concurso de Composición Varela Silvari 2014

    O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de Composición Varela Silvari dirixido á persoas da comunidade educativa musical galega. A obra a presentar deberáestar composta para unha das agrupacións do centro, tal e como se detalla nas bases.

    Listado de obras admitidas e excluidas (11 de marzo de 2014).

    Resultado do concurso (12 de marzo de 2014).

    O tribunal felicita aos compositores das partituras premiadas, valorando a variedade e calidade dos traballos presentados e anima aos participantes a proseguir coa súa labor de busca e investigación creativa.

    PREMIO do II Concurso de Composición “Varela Sivari” 2014:

    “A noite Meiga”. Compositor: Santiago Fontes Mondragón  

    MENCIÓN

    coa recomendación do tribunal de ser interpretada en concerto no curso 2013/2014:

    “Esquizofrenia”. Compositor: Christian Losada Matías

    MENCIÓN

    coa recomendación do tribunal de ser interpretada en concerto no curso 2013/2014:

    “A ialma pura”. Compositor: Xesús X. Iglesias González

     

    Boletín informativo       Cartaz

  • II Gala Lírica de canto

    Venres 30 de maio 2014, 20:00

    Teatro Principal. Entrada: 5 €. Retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal de 18 a 21 h.

    Participa alumnado de canto dos conservatorios de profesionais de toda Galiza. Organiza Asociación de Amigos da Ópera en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago.

    Programa

  • III Concurso de solistas 2014

    O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela promove o III CONCURSO DE SOLISTAS. O obxectivo é animar e incentivar aos rapaces ao estudo na preparación dun programa, co aliciente de poder participar como solista con orquestra ou banda. Nesta edición  participan as dúas entidades musicais representativas da cidade: Banda Municipal de Santiago e Real Filharmonía de Galicia, e as agrupacións do centro. Orquestra Sinfónica, Banda Profesional e Banda Xuvenil. A ANPA "Vía Stellae" patrocina o concurso.

    Pode participar o alumnado matriculado no centro, ben na categoría Xuvenil (ata 14 anos) ou  Xoven Solista (desde 15 anos)

    Prazo de inscrición: ata o 5 de febreiro de 2014.
    Datas das probas: 12 de febreiro de 2014.

     Convocatoria: horarios e obras            Boletín informativo           Cartaz

  • IV Concurso de solistas

    Un ano máis queremos convocar no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela o Concurso de solistas.

  • IV Concurso de Solistas > RESULTADOS

    Anunciamos os gañadores do IV concurso de solistas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. No artículo poderedes consultar as actas do xurado. Noraboa a todos os participantes!!!

  • Prazas de violinistas para a orquestra sinfónica

    A petición da orquestra sinfónica e seguindo o procedemento dos cursos pasados, comunicamos a todos os violinistas alleos ó CMUS profesional de música de Santiago de Compostela que o vindeiro mércores, 8 de outubro realizarase unha proba ós candidatos participantes que queiran colaborar con dita agrupación.

  • Proba do Concurso Intercentros, fase autonómica 2013

    A proba do Concurso Intercentros nesta primeira fase realizarase o vindeiro día 30 de novembro de 2013 ás 18:00 h na  Escola de Artes Escénicas de Ourense, Rúa Canle 4.

    Os participantes do CMUS Santiago son Manuel Lorenzo (violoncello), Sara Pinaque (piano), Helena Orriols (frauta) e Pablo Fernández (percusión), e deberán presentarse no lugar indicado as 17:30 h. Ánimo!!

    12º Certamen Nacional de Interpretación "Intercentros Melómano"

  • Resultado das I Percuolimpiadas 2014

    As primeiras Percuolimpiadas rematan con premios e mencións de honra en todas a categorías. Noraboa a todos/as.

    Premios:

    Categoría A (Grao Elemental): Matías Munín Giadáns

    Categoría B (1º a 3º Grao Profesional): Manuel Alejandra Pazos Agra

    Categoría C (4º a 6º GP): Sandra Pérez Míguez

  • Resultado do Certamen Intercentros 2013

    O pasado 30 de novembro de 2013 realizouse en Ourense a fase autonómica do Certamen Intercentros na súa doceaba edición. 

    Resultado

  • Resultado do III Concurso de solistas 2014

    Noraboa a todos/as os/as participantes polo nivel acadado nas probas de selección, e moito ánimo aos participantes para seguir estudando.

    A Voz de Galicia

  • Ronda final "II PERCUOLIMPIADAS 2015"

    A ronda final terá lugar no auditorio do CMUS  o xoves 30 de abril as 17:00h 

  • V CONCURSO DE SOLISTAS 2016

     PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZADO