O Conservatorio Profesional de Música de Santiago é unha institución pública de ensino musical de grao elemental e profesional, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Conscientes da importancia e influencia do Conservatorio no eido cultural e educativo da cidade e de Galicia, dende a comunidade educativa mantemos un forte compromiso coa nosa cultura, cos nosos artistas e coas novas tecnoloxías poñendo á vosa disposición os contidos educativos no espazo web.

O esforzo diario de cada un dos docentes e traballadores deste Centro fai posible que formemos aos profesionais do futuro, garantindo a súa cualificación a través dunha formación artística integral de calidade.

Como Director deste Conservatorio quero darche a benvida a este espazo virtual, no que atoparás a información sobre os estudos e actividades musicais que se desenvolven no Centro.

Un saúdo,
José Luis Quintás
Director