Christian Losada, alumno de canto, dará o seu recital de fin de grao o luns 13 de marzo ás 18h no Auditorio do CMUS. Estades todos convidados.

 

Venres 30 de maio 2014, 20:00

Teatro Principal. Entrada: 5 €. Retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal de 18 a 21 h.

Participa alumnado de canto dos conservatorios de profesionais de toda Galiza. Organiza Asociación de Amigos da Ópera en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago.

Programa

Un ano máis o público disfrutou o pasado venres 30 de maio no Teatro Principal dunha Gala Lírica, enmarcada xa nas festas da Ascensión e promovida pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, Obra Social A Caixa, Fundación Araguaney e o Ateneo. A Gala reuniu a sete alumnos dos Conservatorios de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela.

Galería   Correo Gallego

I Gala lírica de canto

Venres  10  de maio 2013,  20:00

Teatro Principal. Entrada: 5 €. Retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal de 18 a 21 h.

Participa alumnado de canto dos conservatorios de profesionais toda Galiza. Organiza Asociación de Amigos da Ópera en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago.

Coro de Adultos  "AMIGOS DO CMUS DE SANTIAGO"

Coro de Grao Profesional do CMUS Profesional de Pontevedra

Coro "MIÑOCA MA NON TOPO" do CMUS  Profesional de Vigo

LUNS 30 DE MAIO DE 2011 ÁS 19:30 HORAS

AUDITORIO DO CONSERVATORIO

Con unha notable afluencia de público celebrouse o pasado venres día 10 de maio a Gala Lírica organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC)  en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela que reuníu no Teatro Principal de Santiago a 10 alumnos dos Conservatorios de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela.

Felicitamos a todos os alumnos participantes que levantaron do público sinceros aplausos e moi especialmente aos nosos alumnos Felipe Alonso Céspedes Sánchez e Noa Outomuro González.

Felipe Céspedes acadou o premio do xurado na modalidade de ópera e  Cristina Suárez, do Conservatorio de Lugo, na modalidade de Zarzuela. Nesta modalidade Noa Outomuro realizou unha gran interpretación da aria "Me llaman la primorosa" da Zarzuela El Barbero de Sevilla que, para o sentir do público asistente, foi a máis celebrada de todas as interpretacións de zarzuela.

Ligazón á galería de fotos.