Con unha notable afluencia de público celebrouse o pasado venres día 10 de maio a Gala Lírica organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC)  en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela que reuníu no Teatro Principal de Santiago a 10 alumnos dos Conservatorios de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela.

Felicitamos a todos os alumnos participantes que levantaron do público sinceros aplausos e moi especialmente aos nosos alumnos Felipe Alonso Céspedes Sánchez e Noa Outomuro González.

Felipe Céspedes acadou o premio do xurado na modalidade de ópera e  Cristina Suárez, do Conservatorio de Lugo, na modalidade de Zarzuela. Nesta modalidade Noa Outomuro realizou unha gran interpretación da aria "Me llaman la primorosa" da Zarzuela El Barbero de Sevilla que, para o sentir do público asistente, foi a máis celebrada de todas as interpretacións de zarzuela.

Ligazón á galería de fotos.