Un ano máis o público disfrutou o pasado venres 30 de maio no Teatro Principal dunha Gala Lírica, enmarcada xa nas festas da Ascensión e promovida pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, Obra Social A Caixa, Fundación Araguaney e o Ateneo. A Gala reuniu a sete alumnos dos Conservatorios de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela.

Galería   Correo Gallego

 

Pablo Nieves Fuentes, do Conservatorio de Pontevedra e ex-alumno do CMUS Santiago, acadou o premio do xurado na modalidade de ópera e Gabriel Alonso Días, do Conservatorio de Ferrol, na modalidade de zarzuela. O premio do público, patrocinado polo Ateneo, foi para a representante do Conservatorio de Santiago, Aida Cruz Estévez ca súa interpretación de Dove sono de Le nozze di Figaro de Mozart. 

Máis información