O Premio do Varela Silvari foi para Santiago Fontes Mondragón, vilagarciano de 18 anos e estudante do CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra, que presentou a obra obra "A noite meiga". O tribunal felicita aos compositores das partituras premiadas, valorando a variedade e calidade dos traballos presentados e anima aos participantes a proseguir coa súa labor de busca e investigación creativa. As mencións de honra foron para "Esquizofrenia" de Christian Losada Matías e "A ialma pura" de Xesús X. Iglesias González, coa recomendación do tribunal de ser interpretadas en concerto no curso 2013/2014.

Faro de Vigo      Correo Gallego        Diario de Arousa      La Voz de Arousa

O tribunal cualificador das pezas presentadas para o I Concurso de Composición de Música Contemporánea, na edición Orquestra Xuvenil, decide deixar o PREMIO DESERTO.

Desde a dirección do centro agradecemos aos participantes a súa colaboración, animándoos a seguir traballando e a presentarse a futuras edicións do concurso.

Observacións do tribunal.

Exposión de traballos de edición musical.
Alumnos de terceiro de grao profesional. 
Traballos da aula de novas tecnoloxías aplicadas a música. Profesor Emilio Lede
Biblioteca do CMUS do 24 ó 28 de Maio de 2010