O luns 20 de febreiro ás 20:15h terá lugar na Aula de Cámara 1 do CMUS Profesional de Santiago.

 

Paco Yáñez desenvolve a súa actividade creativa na intersección de diversas linguaxes artísticas, destacadamente a fotografía, a música e a literatura. Tal é o camiño recorrido nas súas novelas ...distancias...(Baía Edicións, 2008) e contra(de)cadencia(Laiovento, 2014), así como nos seus ensaios, entrevistas e críticas musicais, publicadas en oito idiomas en diversos países e medios especializados, destacando a súa colaboración co diario Mundoclasico.

 

Ten pronunciado conferencias en diversos espazos culturais, como a Universidade de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia, o MARCO de Vigo, ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. As súas fotografías  exhíbense e publícanse en exposicións, catálogos e revistas de arte e música, tanto en España como no estranxeiro. Compositores europeos e americanos teñen creado obras musicais inspiradas nas súas fotografías e textos poéticos, diálogos interdisciplinarios subxacentes a toda a súa creación.