Rafael Padrón, guitarra. http://www.rafaelpadron.com

Profesor do Conservatorio de Miami, USA
Martes, 23 de Outubro de 2007 - Curso - 4H a 9:45H
Mércores, 24 de Outubro de 2007 - Concerto - 8:15 H
Xoves, 25 de Outubro de 2007 - Curso - 4H a 9:45H

Curso Rafael Padrón PDF

"Rafael Padrón ten un dominio sólido da técnica da guitarra clásica,
combinado cunha presencia xenial no escenario ..." - The Washington Post

PROGRAMA

Sonata en La M Domenico Scarlatti (1685-1757)

Fantasia en La M David Kellner (1670-1748)
Variacions op. 9 Fernando Sor (1778-1839)
Collectici Intim Vicente Ascencio (1908-1979)
La Serenor
La Joia
La Calma
La Gaubanca
La Frisanca

Intervalo
Choro da Saudade Agustín Barrios (1885-1944)
Ultimo tremolo
Suite Colombiana No. 2 Gentil Montaña (1942- )
Pasillo
Guabina viajera
Bambuco
Porro
Carnaval de Venecia Francisco Tárrega (1852-1909)

Rafael Padrón naceu na Habana, Cuba. Aos 11 anos comezou a estudar a guitarra obtendo en 1991 a licenciatura polo Instituto Superior de Arte da Habana. No ano 2000 recibe unha bolsa de estudos para ir a Baltimore e formarse baixo a tutela de Manuel Barrueco. Ten o terceiro premio do Concurso de guitarra da Habana e mellor interpretación de música latinoamericana. Diploma de Honra do concurso Viña del Mar, Chile e premio Montpelier Recital Competitions.

Padrón ofreceu concertos por Estados Unidos, España e Xapón presentándose entre outros lugares na “Casa das Americas” e “Sala Avellaneda” do Teatro Nacional de Cuba. “Teatro Municipal”, Viña del Mar, Chile. “Teatro Teresa Carreño”, Caracas, Venezuela. “Teatro Nacional”, San José, Costa Rica. “Lincoln Center”, Washington D.C. e “Sala Weill” do Carnegie Hall, Nova Iorque. Este músico cubano participou en numerosos festivais coma: Festival de Guitarra da Habana, Cuba. Festival Internacional de Música do Hatillo, Venezuela. Festival Internacional de Guitarra de Costa Rica. Festival Internacional de Guitarra de Panamá. Festival de Música Independencia en Costa Rica e Festival da Laguna en Tenerife, España. Festival Internacional de Guitarra de Miami, Estados Unidos, Festival Internacional de Guitarra de Rust, Austria, e Festival Internacional de Guitarra de Brno, República Checa.


Rafael Padrón tamén tocou como solista coa Orquesta Sinfónica de Matanzas, Cuba. Orquesta Sinfónica “Gran Mariscal de Ayacucho”. “Orquesta de Cámara de Caracas”, Caracas, Venezuela. “Camerata Latinoamericana”, Costa Rica. “Orquesta Sinfónica Independencia” e “Orquesta Panamericana”, Washington D.C. Estados Unidos e a “Orquesta Sinfónica do Novo Mundo” (New World Symphony Orchestra), Miami, Estados Unidos. 

Actualmente é profesor do Conservatorio de Miami.