28 de marzo de 2014, Paraninfo

4 de abril de 2014, auditorio do centro 

Programa

Cuarteto en Fa..................Carl Böhm / arr. H. Voxman

Four for tango.......................Astor Piazzolla / arr. C. Voirpy

Concertpiece nº 2 Op. 114 en Rem para dos clarinetes..........Félix Mendelssohn / arr. Roland Cardon
I. Presto
II. Andante
III. Allegretto Grazioso

Clarinetes solistas:
José Luis Relova Gallego e Lorena Rodríguez Gómez.

Cuarteto...............................Paul Harvey
I. Prelude
II. Waltz
III. Scherzo

Sevilla................................Isaac Albéniz / arr. Harold Karabell

DIRIXE: SAÚL CANOSA

O Ensemble de Clarinetes do Conservatorio de Santiago xurde no ano 2008 como proxecto impulsado tanto polos profesores de clarinete como polo equipo directivo do centro para canalizar a práctica de conxunto e de música de cámara da especialidade.
No ensemble trabállase dende unha perspectiva didáctica un repertorio que abrangue dende o Barroco ata a música dos nosos días, abordando tanto obras orixinais para este tipo de formación como arranxos.
A agrupación, aparte da súa vertente camerística, tense mostrado como unha ferramenta eficaz á hora da preparación de concertos que permitan aparecer ós alumnos como solistas interpretando algunas das obras concertantes máis importantes do repertorio clarinetístico.
Durante os seus cinco anos de existencia o ensemble ten acompañado a solistas da talla de Joan Enric Lluna, Florent Heau, Enrique Pérez Piquer, Venancio Rius, Javier Simó, Ramón Llátser, etc.
Dende os seus inicios a implicación do profesorado de clarinete foi sempre máxima con este proxecto. No día de hoxe os profesores Uxío Pazos, Antonio García e Saúl Canosa participarán dende o clarinete e a dirección neste concerto.
É importante tamén destacar a importancia do apoio que dende o equipo directivo se está a prestar tanto a esta como a outras interesantísimas iniciativas que se están a desenvolver no noso conservatorio.

 

 

2014 03 28 cartaz ENSEMBLE CLARINETE600