Comision Coordinación Pedagóxica 2015/2016

A comisión de coordinación pedagóxica é o órgano responsable de velar pola coherencia pedagóxica entre as programacións didácticas dos distintos cursos, así como de garantir a coordinación entre o equipo directivo e os departamentos didácticos.

Este órgano está integrado:
a) Pola dirección, que exercerá a súa presidencia.
b) Pola vicedirección.
c) Pola xefatura de estudos.
d) Polas xefaturas de todos os departamentos didácticos.
e) Pola persoa coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega.
f) Pola persoa responsable da coordinación do grao elemental.
g) Pola persoa coordinadora das tecnoloxías da información e a comunicación.
h) Pola persoa coordinadora da biblioteca.

Competencias.
a) elevar propostas á dirección.

b) Establecer as directrices xerais para a elaboración e revisión das programacións didácticas e do Programa de potenciación da lingua galega, e velar polo seu cumprimento, así como elaborar protocolos para avaliar o resultado do seu desenvolvemento.

c) Proporlle ao claustro, para a súa aprobación, as programacións didácticas dos diferentes departamentos.

d) Establecer directrices para o funcionamento adecuado das titorías.

e) Proporlle ao claustro, para a súa aprobación, os criterios pedagóxicos para a elaboración do horario do alumnado.

f) Proporlle ao claustro o calendario das probas ordinarias e extraordinarias, de acordo coa xefatura de estudos.

g) Fomentar iniciativas de creación de grupos de traballo en función das necesidades do conservatorio.

h) Propor criterios para a elaboración de actividades culturais e artísticas e deseñar accións de colaboración interdepartamental encamiñadas a favorecer a práctica de conxunto.

i) Garantir que as programacións didácticas dos distintos departamentos presentan coherencia secuencial entre todas elas, e indicar, se é o caso, modificacións pertinentes que deberán ser realizadas polos departamentos.

j) Canalizar as necesidades de formación continuada do profesorado.

k) Realizar propostas ao equipo directivo para a distribución dos recursos do conservatorio.

l) Deseñar instrumentos de avaliación interna para a súa aplicación e procesar e analizar a información obtida para identificar fortalezas e debilidades do conservatorio, e proporlle ao claustro as medidas de mellora, se é o caso, que correspondan

m) Analizar os resultados da avaliación externa do conservatorio e proporlle ao claustro plans de mellora cando cumpra.


*

Artigos 19, 20, 21, 29 e 30 do Decreto 223/2010 do 30 de decembro polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.