Consello Escolar curso 2015/2016

O Consello Escolar é o órgano de participación no centro dos diferentes membros da comunidade escolar. Esta composto por 2 representantes de pais/nais ou titores legais, 5 representantes do alumnado, 7 representantes do profesorado, 1 representante do concello, 1 representante do persoal de administración e servizos, a Dirección e a Xefatura de Estudos. A Secretaría do centro tamén pertence con voz pero sen voto. No seo do Consello Escolar constitúese unha Comisión Económica integrada pola dirección, un docente, a presidencia da xunta de delegados e o secretario ou secretaria e o Observatorio da Convivencia Escolar. Ademáis poderán constituirse outras comisión para asuntos específicos.

O Consello escolar é o órgano de goberno máis importante do centro, e ten as seguintes competencias:

a) Formular propostas ao equipo directivo para a elaboración dos proxectos educativo e de xestión, da programación xeral anual e das normas de organización e funcionamento, e aprobalos e avalialos sen prexuízo das competencias do claustro en relación coa planificación e organización docente, así como emitir informe sobre a memoria anual do conservatorio.

b) Aprobar o proxecto de orzamento e a súa execución.

c) Analizar e avaliar a organización e o funcionamento xeral do conservatorio, especialmente, a evolución do rendemento académico do alumnado, os resultados das avaliacións internas e externas e a xestión da información entre os diferentes sectores da comunidade educativa.

d) Decidir sobre a admisión do alumnado de acordó coa normativa vixente.

e) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no conservatorio, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos.

f) Coñecer a iniciación e resolución dos expedientes disciplinarios ao alumnado e velar pola súa adecuación á normativa vixente.

g) Coñecer as candidaturas á dirección e os seus proxectos.

h) Participar, se é o caso, na selección da dirección de acordo co establecido na normativa de aplicación. Ser informado do nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo e propoñer a revogación motivada da dirección por maioría de dous terzos dos seus membros.

i) Elaborar propostas e informes por iniciativa propia ou por petición da consellería competente en materia de educación sobre o funcionamento xeral do conservatorio e a mellora da súa calidade.

j) Establecer os criterios para colaborar, con fins educativos e culturais, coas administracións local e autonómica, centros docentes, e outras entidades públicas e privadas.

k) Promover a renovación das instalacións e equipamento do conservatorio e velar pola súa conservación.

l) Promover políticas de igualdade no conservatorio.

m) Calquera outra que lle sexa atribuída pola consellería competente en materia de educación no ámbito das súas competencias.


*

Art. 127 LOE

Artigos 11, 12, 13, 14 e 15 do Decreto 223/2010 do 30 de decembro polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.