Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Guitarra
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

José Manuel Dapena - Guitarra clásica

A crítica de Estados Unidos escribiu estes titulares: "… un guitarrista de talento e un exponente artístico da cultura española…", " …un concerto perfecto de musicalidade conmovedora…", "…un mestre da guitarra española…", "Sen dúbida, este debut no Carnegie Hall foi un éxito."

Gravou dous discos: “Rincón mágico: Obra completa para guitarra de Joaquín Turina” e Al pie de una guitarra: Música para guitarra inspirada en la poseía de Miguel Hernández”.

Desde os estudos elementais do instrumento recibiu clases do guitarrista David Russell, quen influíu de xeito trascendental na súa concepción da guitarra e quen escribiu, "…é un excelente intérprete, cun son redondo e forte, áxil técnica e capaz de crear maxia co seu fraseo musical."

Recentemente debutó no Carnegie Hall de Nova York e nos festivales de guitarra de Columbia, Miami, Kiev, Madeira, Mexico, Sao Paulo, Bangkok, Kirov, Túnez e Nova Delhi.


Críticas

"Sen dúbida, este debut no Carnegie Hall foi un éxito"
New York Concert Review, Anthony Aibel

"... un concerto perfecto de musicalidade conmovedora... "
Sonny Marble, Florida Today, Miami, USA

"... un mestre da guitarra española... "
Richard Knisely, WGBH Classical Radio, Boston, USA

“...un guitarrista de talento e un expoñente artístico da cultura española...”
Ricardo Peidró, Cónsul general de España, USA