Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Trompeta
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Fernando Rei Mallo
Negreira, 1977.

Comezou a estudar música aos oito anos da man do mestre D. Xosé España Lorenzo. Tivo a sorte de aprender a tocar a trompeta cos mestres: Maximino Boga, Carlos Méndez e Xosé Rodríguez Ramos, así como a de recibir consellos de Benjamín Moreno, Javier Simó, Luís González, Maurice André, Bo Nielson, Hakan Hardenberger, Edward Tarr, Gabor Tarkovi, Tamás Velenczei ... Fixo cursiños de dirección con Marcel van Bree, Vicent Egea e con Jan Van der Roost. Iniciouse no Jazz grazas aos profesores da escola Drops e da escola estudio en Santiago de Compostela. Forma parte dos grupos de cámara: Omega Brass Ensemble e Cuarteto Jázzica e do grupo de folk " Pablo Seoane Grupo." Fernando Rey adaptou, compuso e interpretou parte da BSO do documental " Outro Paralelo 43 "

Actualmente é profesor de trompeta no Cmus Profesional de Santiago de Compostela e director da Banda de Música "Asociación Cultural-Musical SOLFA".