Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Percusión & Xefe departamento
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

 

Ton Risco

Nado en Ourense, comezou seus estudos de batería e percusión con Fernando Martínez -Risco. Continúa en diferentes conservatorios de Galicia e ó mesmo tempo, recibe clases en Madrid co batería Pedro López. En 1999 é aceptado na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, e no Real Conservatorio da Haia (Holanda) cos profesores Wim Vos, Luuk Naagtegal, Fedor Tunisse, Hans Zonderop, Rob Verhagen e Aly N'Diaye Rose (marimba, timpani, multipercusión, percusión orquestral, tambor de Basilea, percusión africana); e con Erik Ineke e Frits Landesbergen (batería e vibráfono) no departamento de jazz.

Licénciase en 2004 e 2006 en Percusión Clásica e Vibráfono de Jazz, respectivamente. Colabora con grupos e artistas de pop, folk, latin ou jazz, como: Odaiko Percussion Group, Cristina Pato, Xosé Manuel Budiño, Serge Rogalski Quintet, Alfonso Morán, Guadi Galego, Roberto Somoza, Il Dolce Fare Niente, Jacobo de Miguel Quartet, Cornelius, Angelica Seyfrid Project, Orange, entre outros. Tamén participa en festivais como: Zeltsman Marimba Festival (Wisconsin, USA), Holland Festival, Holland Percussion Festival, Steve Reich Festival ou Tai Pei International Convention (Taiwán).

Na actualidade, é profesor de percusión do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.