Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Frauta & Xefa departamento conxunto
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Carmen Ferreiro

Nace na Coruña en 1983. Comeza os seus estudos musicais aos 7 anos no Conservatorio Profesional de Viveiro, primeiro con piano e máis tarde con frauta. Aos 16 anos trasládase ao Conservatorio Superior da Coruña onde estuda frauta con Fernando Gracia. Remata a carreira dous anos máis tarde con matrícula de honra. É aceptada no Real Conservatorio Da Haia (Holanda). Alí estuda con Emily Beynon e Jeroen Broen. Remata "Primeira Fase" con sobresaínte, sendo alumna de Jorge Caryevschi, mentres recibe clases de Aldo Baerten mediante unha bolsa de Erasmus no Conservatorio de Amberes.

Recibiu clases de: César Concheiro, Claudia Walker, Amparo Trigueros, Julia Gállego, Vicens Prats, Magdalena Martínez, Reen de Reede, Barthold Kuijken, Wilbert Hazelzet, Jeanny Baxtresser, Will Offermans, Patricia Morris, William Bennet, Anne La Berge, Janos Bálint e Andrea Lieberknecht. Realizou un curso para Postgraduados con Jaime Martín no Conservatorio Superior de Aragón e un curso con Magdalena Martínez na Aula de Música da Universidade de Alcalá (Madrid).

Tocou baixo as batutas de Maurizio Kagel, Ivan Fischer, Reimbert de Leew, Victor Pablo, Gérard Korsten ou Dirk Vermeulen en orquestras como Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, Xoven Orquestra Nacional de Holanda, Orquestra Sinfónica de Galicia e Orquestra de Frautas de Holanda.

No 2003 aproba o concurso-oposición ao corpo de profesores de Música e Artes escénicas. No 2006 gaña o 1º premio do concurso de frauta convocado pola asociación Travesera Siglo XXI. No 2008 gaña co dúo que forma co pianista Ricardo Blanco o Segundo premio no Concurs de Música de Cambra i Lied Citat de Berga. Segundo premio no Concurso de Intérpretes Mozos Hernán Naval 2008. Segundo premio no Concurso de Novos Intérpretes de Xátiva 2009 na categoría A.

En 2007 comeza un Doutorado en Música Española Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela rematando o DEA en setembro de 2009 con sobresaínte.

Na actualidade, compaxina a súa actividade como profesora de frauta travesa no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela coa realización da tese, codirixida por Rosa María Fernández e Carlos Villanueva.