Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Piano acompañante
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Alejandra Escolante, piano & órgano

Nace en Bilbao en 1975 e inicia os estudos de música aos oito anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña no que finaliza ca calificación de sobresaliente o grao elemental de violín (1994), o grao superior de piano (1997) e o grao superior de música de cámara (2000). Supera ca máxima calificación a proba de teoría por The Associated Board of the Royal School of Music e en 1998 obtén o título de profesora superior de solfeo. No ano seguinte finaliza a diplomatura en Ciencias Económicas. Finalmente aproba as oposicións de Ensinanza Secundaria na especialidade de Música (1999) e Música e Artes Escénicas na especialidade de Piano (2007).

Ofreceu concertos como solista xunto á Banda de Música de Lalín, no Ciclo de novos intérpretes da Asociación galega da lírica Teresa Berganza, en conservatorios e diversas salas, en grupos de cámara actuou ca Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, a dous pianos, co Dúo Arpeggione de frauta e piano nos circuitos culturais da Deputación e da Xunta de Galicia. Recibiu clases maxistrais de piano de Benedetto Lupo, Irina Zariskaia, Anatoli Pouzoun, G. Fedorenko, Almudena Cano, Robert Shugarov …. No Conservatorio de A Coruña estudou con Jeannette Romero e Julio Mourenza e ao mesmo tempo en Oviedo con Lidia Stratulat do Conservatorio Tchaykovsky. Desde 1996 recibe clases da profesora armenia Anna Pogossian e nos últimos tempos apoio do pianista Alexandre Gold. A súa formación como músico complétase con numerosos cursos de análise, composición, estética, historia e técnica pianística, pedagoxía… impartidos por mestres da talla de García Abril, Luca Chiantote, Charles Rosen, Ramón Coll, Sebastián Mariné, e cos cursos de post-grado da Universidade de Alcala de Henares.

No 2003 publica o libro Música de cámara no barroco e Clasicismo. Iniciouse como organista con Bruno Forst e actualmente compaxina os estudos de órgano no Conservatorio de Ourense con Soledad Mendive ca labor docente de Pianista Acompañante no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.