Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Piano complementario
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Borja Cao

Este pianista ourensán inicia os seus estudos musicais aos sete anos co seu pai, continúa a súa formación con Martín Millán e remata os estudos no Conservatorio de Santiago de Compostela coa profesora Marina Shamakian.

É profesor superior de piano, solfexo, pedagoxía musical e música de cámara. Segue perfeccionando os seus estudos clásicos coa profesora Purificación Iglesias e no ámbito da música de Jazz e moderna con Alfonso Medela.

Actualmente é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Actuou con diversos grupos e formacións de música de cámara tanto en Galicia coma no estranxeiro: Club Dado-Dadá, Casino da Toxa, Club Cleopatra (New York).

No 2009 presenta o seu primeiro traballo como lider no ámbito do Jazz titulado "Match-ball", coa colaboración de Juan Cañada (contrabaixo) e Max Gómez (batería).

 

http://www.audiarecords.es