Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Violín & Xefe departamento
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Roberto Santamarina Fernández

Realiza os seus estudos de violín no Conservatorio de Santiago, obtendo o Título Superior coas máximas calificacións. foi membro da Xoven Orquestra de Galicia, sendo becado polo IGAEM para realizar estudos de postgrado en Oviedo con Yuri Nashuskin. Ao mesmo tempo estuda interpretación histórica na Universidade de Salamanca con Ángel Sanpedro e Emilio Moreno e Eduardo López Banzo.

Foi profesor de Violín e Viola na Xoven Orquestra de Galicia, e membro da Orquestra da Comunidade Autónoma de Galicia e Orquestra Barroca de Salamanca.
A nível camerístico recebeu clases entre outros do Trio Fontenay, Cuarteto Moravo e Cuarteto Sedlâcek. Tamén ten realizado cursos con profesores de recoñecido prestíxio, como Jesse Levine, ou Virtuosos de Moscú.

Desde 1997 desenvolve unha intensa labor pedagóxica como profesor de violín, viola e Director de orquestra dos Conservatorios de Vigo, Pontevedra, Lugo e Santiago de Compostela, sendo actualmente profesor de violín numerario deste centro. É integrante de vários grupos especializados en música antiga e interpretación histórica con instrumentos orixinais, como Martín Codax, Grupo 1500 e Rúa Barroca, participando na gravación e edición de repertório inédito da península Ibérica.

Tamén é membro do grupo Fía na roca.

http://www.grupo1500.es
http://martincodax.org
http://fianaroca.com