Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Violín
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Elena López-Felpeto

Nada en Guitiriz (Lugo), comeza os seus estudios de violín no conservatorio de Santiago de Compostela con Laura Quintillán e Robert Plasche e posteriormente é becada pola Xunta de Galicia para formar parte da Xoven Orquestra de Galicia da que é membro fundador e nesa formación recibe clases dos integrantes dos cuartetos Sedlacek, Moravo e Kynclovo (Checoslovaquia)

Posteriormente trasládase a Barcelona onde estudia no Conservatorio Superior de Música do Liceo con Evelio Tieles, obtendo o seu Título de Profesor. Ó mesmo tempo comeza a súa actividade pedagóxica na Escola Municipal de Música de L’Hospitalet del Infant (Tarragona) e no colexio Canigó (Barcelona).

En 1993 viaxa a Canadá onde forma parte da Kamloops Simphony Orchestra e da Prince George Simphony Orchestra (British Columbia).

En 1994 trasládase ao Reino Unido onde foi profesora de violín na East Sussex County Music School, continuando ó mesmo tempo a súa formación coa profesora Nona Liddel e realizando un curso de educación musical no Trinity College de Londres baseado no estudo comparativo dos métodos Suzuki, Rolland e Nelson. No mesmo período, tamén traballa como profesora asistente na Handel String Orchestra (orquesta junior, Sussex) e foi directora do Brighton Youth Orchestra Elementary Group (Brighton). Ao mesmo tempo, forma parte da orquesta de cámara Musicians all Saints (Lewes, Sussex), dirixida por Andrew Sherwood.

De volta en España, traballa dende 1997 na Escola de Música Berenguela de Santiago de Compostela, sobre todo no ámbito do ensino elemental de corda. Así mesmo, participa como profesora de violín nos cursos musicais de verán para nenos que, entre o ano 2000 ó 2006, organizou a Escola de Música Berenguela no Mosteiro de Sobrado dos Monxes (A Coruña).

Acude con asiduidade a Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares, asistindo a cursos de pedagoxía impartidos por algúns dos pedagogos de corda máis prestixiosos do mundo como Mimí Zweig, Heidi Castleman, Vartan Monoogian, Sergio Castro, Sheila Nelson e Geza Szilvay, entre outros. Na actualidade é profesora de violín no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.