Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Frauta
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Efrén G. Escuredo
Flauta

Formouse con Fernando Raña no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, continúa os seus estudos durante dous anos na Universidade de Alcalá de Henares con Magdalena Martínez. Recibe clases en Colonia da man de Robert Winn. Finalmente accede ó postgrado de frauta organizado polo Conservatorio Superior de Música de Aragón con Jaime Martín, Sophie Cherrier e Stewart Macilwham, tendo participado en cursos e clases maxistrais con Vicens Prats, János Bálint, Riccardo Ghiani, Samuel Coles ou Walter Auer entre outros.

Foi membro 4 anos da Xove Orquesta da Sinfónica de Galicia, recibindon clases de frauta de Paola Bonora e Amparo Trigueros; música de cámara e formación orquestral con James Ross, Vicente Alberola David Etheve e Rubén Gimeno…

Nas súas colaboracións orquestais caben destacar a "Orquesta Sinfónica de Galicia", "Orquesta do Festival Internacional de Orquestas Jóvenes de Murcia '99", "Orquesta de Cámara da Sinfónica de Galicia" ou "Orquesta Sinfónica de Burgos", "Orquesta Sinfónica Vigo 430".

Baixo a batuta de directores coma James Ross, Uriel Segal, Yuri Simonov, Victor Pablo Pérez, Douglas Bostock, Igor Dronov entre outros.

Participou en festiváis como a Semana do Corpus de Lugo, Ciclo de novos intérpretes da Fundacion Cajastur en Oviedo, "Estío Burgalés" ou o "Vía Stellae" 2010, no que participa co grupo "Trifulca per se" estreando obras de compositores galegos.

Accede ó corpo de profesores de música e artes escénicas por concurso-oposición no ano 2007. Tendo traballado nos conservatorios de Ourense e Lugo.