Seleccione un contacto:

Contacto

Imagen del contacto
Piano
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información general

Javier Otero Neira, piano

Nace en A Estrada (Pontevedra) no 1981 onde comeza a tocar o piano aos oito anos de idade. Realizou os seus estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, coa catedrática Dna. Almudena Cano. Ademáis, perfecciona os seus estudos cos profesores profesores So Young Moon, Claudio M. Mehner, Ana Guijarro, Joaquín Achúcarro, Josep Colom, Robert Levin, Andrej Jasinski, Vladmr Krpan e Boris Berman. Na actualidade, continúa a súa formación con Christopher Elton (Royal School of Music, Londres).

Obtivo o Primeiro Premio no Concurso de Piano Blüthner, Primeiro Premio no Concurso de Piano RCN de Vigo, o Primeiro Premio no Concurso de Piano Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica, o Segundo Premio no Concurso Nacional de Piano Compositores de España e o Premio “Gregorio Baudot” do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”.

O seu interese pola música contemporánea lévao a interpretar obras de José Luis Turina, Luis de Pablo e Antón García Abril, con quen traballa a súa obra. Ademáis o seu compromiso exténdese á música galega, difundindo obras de compositores galegos, como Octavio Vázquez, Andres Gaos, Marcial del Adalid e outros. Ofreceu numerosos recitais en cidades españolas, actuou en directo para Radio Clásica (RNE Radio2) e gravou para a Televisión de Croacia e a Televisión Española (TVE).

Foi o primeiro pianista galego invitado pola Real Filharmonía de Galicia para realizar unha xira de concertos, interpretando o Concerto para piano e orquestra nº5 “Emperador”, de L. van Beethoven, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave. O seu recital na Fundación Juan March de Madrid (Xaneiro 2011) con motivo da celebración do Ano Liszt, tivo unha grande acollida e un grande éxito no público. Recentemente ofreceu un recital de música de cámara coa soprano Laura Alonso e co clarinetista solista da Filarmónica de Berlín, Wenzel Fuchs.