CentrosNet é a plataforma virtual do Conservatorio a través da cal teredes acceso aos seguintes servizos:

1.- Expediente académico e datos de matrícula do alumno.
2.- Información actualizada das faltas de asistencia.
3.- Información das cualificacións e impresión de papeletas de notas.
4.- Intercambio de mensaxes e ficheiros cos profesores, coa secretaría e co equipo directivo do centro.
5.- Participación en chats, taboleiro de anuncios, etc..

O acceso realízase dende o enlace “CENTROSNET” que se atopa na páxina web  do conservatorio. En tódolos casos, para acceder tedes que introducir no campo “Usuario” o número de expediente (cinco díxitos, se tedes menos compre engadir 0 á esquerda) e no campo “contraseña” o DNI do alumno (só  números, sen letra).

 Ligazón: CentrosNet_CMUS_SANTIAGO