SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS

Poderán solicitar bolsas de estudos, o alumnado do grao profesional que cumpra os requisitos establecidos a tal efecto na convocatorio publicada polo Ministerio de Educación.

Dita solicitude realizarase a través da páxina web do MEC, os prazos aproximados van dende o mes de agosto ata finais do mes de outubro.

É obriga do alumnado bolseiro que unha vez informada a súa solicitude dea traslado ao centro do resultado, si a bolsa é concedida a matricula no centro será gratuíta para o curso escolar, si pola contra é denegada o/a alumno/a deberá aboar o importe de matricula máis os xuros correspondentes dende o momento de formalización da mesma ata o momento da resolución da bolsa.