Preferencias sobre a elección de horario de instrumento

Ver todas

INSTRUCIÓNS

O prazo para entregar o formulario coas preferencias para a asignación do horario da clase de instrumento/voz remata o luns 28 ás 10:00 horas.
No formulario deberase indicar a orde de preferencia de cada hora dispoñible no horario do profesor/a (cada hora ten un número de referencia).
No caso de que algunha das horas se solape con algunha outra materia do centro, ou co ensino obrigatorio, deberase indicar no formulario.

Debido á necesidade de espazos e a demanda neste curso de máis docencia de mañán (algúns institutos darán clase pola tarde) nos horarios de parte do profesorado certas horas poden estar marcadas cun asterisco (*), isto quere dicir que só se impartirá clase nesas horas, no caso de que non se cubra a docencia de mañán do horario en cuestión.

A asignación dos horarios farase seguindo os seguintes criterios:
1º.  Alumando con discapacidade.
2º.  Familias con 3 ou máis membros estudando no Centro
3º.  Alumnado de menor a maior idade sen preferencia de curso

De non recibir en prazo o formulario coas preferencias o alumno/a perderá calquera dereito de preferencia, no caso de estar incompleto tamén poderá perdelo.

O horario asignado poderase consultar en CentrosNet a partir do día 30 pola tarde.

O prazo de solicitude de cambio de grupo ou de horario de calquer materia será do día 1 de setembro ao 5 de outubro ás 10:00 horas (vía correo electrónico). As resolucións dos cambios resolveranse a partir do día 6 de outubro.

HORARIOS DO PROFESORADO

FORMULARIO

X