Curso de guitarra – Pedro Rodrigues, 2015

Ver todas

Pedro Rodrigues, guitarra clásica
Universidade de Aveiro – Portugal
8-10 abril 2015

“Unha futura estrela da guitarra clásica”
20th Century Guitar Magazine (USA)

Pedro Rodrigues comezou os seus estudos musicais á idade de cinco anos, e aos nove iníciase na guitarra clásica no Conservatorio de Leiría, onde se gradúa en 1998 coas máis altas cualificaciones e unha beca da Fundación Gulbenkian. Continúa os seus estudos con Alberto Ponce na École Normal de Paris, onde recibe o “Diplome Supérieur de Concertiste a l’unanimité avec felicitation.

Participu en cursos e masterclasses con artistas como Leo Brouwer, David Russell, Darko Petrinjak, Joaquin Clerch ou Alberto Ponce. Foi galardoado con máis de 20 premios, como o Artists International Award Audtions (New York), Sor Competition (Roma), Masters de la Guitare (París), Zinetti Competition (Verona), Torrent (Valencia), ou RDP Young Musicians (Lisboa) entre outros.
Como concertista realizou concertos en salas de referencia, como Carnegie Hall (NY), Salle Cortot (París), Ateneo de Madrid, Endler Hall (Cape Town), Gulbenkian Grande Auditório, Centro Cultural de Belém (Lisboa) ou a Casa da Música (Porto). Realizou rexistros para RTP, RDP, RTM, SABC, Cesky Rozhlas ou WIPR. Dos seus traballos discográficos, gravou para JNS Music, Numérica ou Nuova Venezia.
Pedro Rodrigues recibíu numerosas críticas de revistas especializadas como Classical Guitar Magazine (UK), Jornal Público (Portugal), The Navhind Times (India) e Guitare Classique (Francia), entre outros.

https://pedrorodriguesguitar.wordpress.com

Organiza:
Conservatorio Santiago de Compostela
Departamento de guitarra
Xosé Antonio Rodríguez, xefe departamento
José Manuel Dapena – Valentín Novio – Isabel Rei Samartim

X