Alí Arango en concerto 08/03/24

Ver todas

O guitarrista Alí Arango ofrécenos este venres 8 de marzo ás 20:00 horas un concerto con obras de Francisco Tárrega, Agustín Barrios, Paco de Lucía e obras de composición propia, entre outras sorpresas. A entrada é libre ata completar localidades.

Alí Arango é un dos guitarristas máis destacados da súa xeración. Cun virtuosismo ao servizo da musicalidade e unha mestura equilibrada de sutileza e forza expresiva, conquistou todo tipo de públicos e xurados. Graduado do Conservatorio “Amadeo Roldán” (Habana, Cuba) no ano 2001 e do Conservatori del Liceu de Barcelona en 2017, gañou o Premio Extraordinario. Paralelamente foi alumno de Antonio Alberto Rodríguez e Joaquín Clerch. Recibiu clases ocasionales de Leo Brouwer, ademáis de participar en diferentes proxectos junto ao grandísimo compositor. 

Foi gañador de 23 premios en concursos internacionais de guitarra clásica, entre os que destacan o Francisco Tárrega, o Andrés Segovia, o Concurso Internacional Alhambra e outros de altísimo nivel. Foille concedido o premio TRUJAMÁN 2019 por ser un dos guitarristas latinos máis recoñecidos e con maior proxección internacional da súa xeración. Gravou dous álbumes para Naxos na “Laureates Series”; un disco sobre Tárrega para Contrastes Record e un co dúo Pyrophorus para JSM Guitar Records. 

Varios compositores compuxeron obras para Alí, como Paisaje Cubano con Tristeza de Leo Brouwer ou Estudio Nº4 “Para el dedo anular” de Joaquín Clerch. Foi o encargado da premier mundial de tres obras de Brouwer. Actuou en importantes salas de concerto de Europa, Asia e América e é invitado regularmente a festivais e universidades para ofrecer masterclass. Como compositor figuran no seu catálogo obras para guitarra sola, dúos para guitarra e outros instrumentos, formatos de cámara e música para video-arte e documentais. ademais de fundar PYROPHORUS GUITAR DUO e integrar o grupo de fusión BARCELONA GUITAR TRIO.

Programa do 8 de marzo

– Guajira a mi Madre, Ñico Rojas
– Nocturne Nº.2 Op.9, Frédéric Chopin (Arr: Alí Arango)
– Vals Nº.2 Op. 64, Frédéric Chopin (Arr: Alí Arango)
– Guajiras de Lucía, Paco de Lucía
– Vals Nº 4 Op.8, A. Barrios Mangoré
– La Catedral, A. Barrios Mangoré
(Preludio Saudade | Andante Religioso | Allegro Solemne)
– Último Trémolo,  A. Barrios Mangoré
– Opfergabe, Alí Arango
– Gran Jota, Francisco Tárrega
X