Xornadas de mobilidade Erasmus+ para Formación Profesional

Ver todas

Os días 18 e 19 de setembro de 2024 celebráronse en Santander (Cantabria) as Xornadas de mobilidade Erasmus+ para Formación Profesional. Estas xornadas adicábanse por vez primeira de xeito específico aos proxectos de curta duración KA122-VET, precisamente o tipo de proxecto que ten en marcha o CMUS Profesional de Santiago de Compostela durante o curso 2024-2025. O coordinador Erasmus+ do centro, Manuel López Jorge, desprazouse a Santander para participar neste evento, que resultou ser de enorme interese. A xornada consistiu nunha serie de ponencias impartidas por membros do SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación), de gran utilidade para poñer en marcha o proxecto Erasmus+ que actualmente ten implantado o noso centro. A participación do noso coordinador tamén serviu para coñecer de primeira man a outros coordinadores de conservatorios profesionais de España que están a xestionar proxectos do mesmo tipo.

 

Comments are closed.

X