O proxecto Imaxinando Músicas, que é froito da colaboración do CMUS Santiago e o IES Cacheiras, acaba de ser recoñecido co 1º premio na edición 2018 dos premios PROXECTA de Innovación Educativa da Consellería de Educación. Este proxecto é unha aposta pola alfabetización audiovisual, pola aprendizaxe activa e por desenvolver proxectos integramente realizados polo alumnado, desde o guión, a rodaxe e a produción ata a composición e gravación de bandas sonoras. Noraboa a todos o alumnado participante.
Podedes ver algúns dos traballos realizados na canle de Youtube.