A partir do 17 de xaneiro abriremos o prazo para matricularse no curso de guitarra que impartirá Anabel Montesinos no noso centro. O alumnado activo terá dúas clases de 45 minutos. Tedes toda a información no boletín de inscrición que aparece na parte superior dereita.
Alumnado activo do centro 40€
Alumnado activo externo 60€
Oíntes 20€
As datas son as seguintes:
ANABEL MONTESINOS
Anabel Montesinos foi a gañadora máis nova (con dezasete anos) do Certame Internacional de Guitarra Francisco Tárrega, o máis antigo e importante concurso de guitarra clásica en todo o mundo. É orixinaria de Hospitalet del Infante, unha vila de la provincia de Tarragona, onde comezou os seus estudios de música á idade de de 5 anos. Iniciouse no Conservatorio de Tarragona e continuou no Conservatorio Superior de Alicante. Con 19 anos trasladouse a Austria. Alí completou a formación no Mozarteum de Salzburgo e na Anton Bruckner Privatuniversität de Linz, onde rematou os seus estudos co título de Magister.
Gañadora de máis de dez primeiros premios internacionais como o Concurso Michele Pittaluga Citá di Alessandria en Italia, Julián Arcas en España ou Raifeisenwettbewerb en Salzburgo, por citar os máis destacados, Anabel Montesinos tocou nalgunhas das máis importantes salas de concerto en todo o mundo, entre elas o Carnegie Hall de Nueva York, no que debuta en 2011. Colaborou tamén con prestixosas orquestras, como a de Torino, a Sinfónica Simón Bolivar de Venezuela, a Sinfónica de Sundsvall en Suecia, as filharmónicas de Oulu (Finlandia), a da Habana, a de Moscú ou a Pomeranian de Polonia, entre moitas outras. Anabel ten un moi bo recordo da colaboración coa Filharmónica de Berlín, coa que interpretou o Concierto de Aranjuez para a serie de concertos ao aire libre de Potsdam (Berlín), diante de máis de 4.000 persoas. É cidadá honoraria da cidade de Solero, en Italia, desde o ano 2011. Ese mesme ano foille concedida a Guitarra de Ouro no Concurso Internacional de Guitarra de Alessandria (Italia) en recoñecemento á súa traxectoria artística.
Gravou dous discos para Naxos e un deles foi escollido como parte do programa intercontinental de voos da compañía aérea British Airways. Os seus álbumes foron aplaudidos pola prensa internacional, destacando a beleza, frescura e virtuosismo das interpretacións. Tivo a honra de compartir unha serie de concertos dedicados á música española con Paco de Lucía. En outubro do 2022 publicou o terceiro disco como solista, gravado en Brasil coa compañía GuitarCoop. Titúlase Alma Llanera e está dedicado á música latinoamericana, con unha mostra de estilos populares e clásicos.