Adam Levin, guitarra clásica
University of Massachusetts Boston – USA
15-17 marzo 2017
Concerto: Mércores, 15 marzo 2017, 20:15h – Auditorio
Música galega e española para guitarra dedicada a Adam Levin
Obras de Halffter, García-Abril, Morales-Caso
Soutullo, Balada, López Godoy e Brotons
Adam Levin, un artista de selo discográfico Naxos, foi elogiado polo guitarrista americano de renombre, Eliot Fisk, como un “guitarrista virtuoso e un verdadeiro home renacentista do século XXI co brío, a intelixencia, o encanto, a tenacidade e convicción para cambiar o mundo”. Levin interpretou nos Estados Unidos e Europa en escenarios prestixiosos como as salas de concerto Pick Staiger de Chicago e Mayne Stage, o Palazzo Chigi Saracini de Italia, o Isabella Stewart Gardner Museo de Boston e o Jordan Hall, o Museum of Fine Arts de Boston, a Universität für Musik und darstellende Künst de Berlín, o Auditorio Axa de Barcelona, e o Palacio de Godoy de Madrid, o Palacio BBVA do Marqués de Salamanca, e a Sala Manuel de Falla Levin recibiu numerosos galardones de gran prestixio e foi recoñecido pola Society of American Musicians, a Lake Forest Concerto Competition, Schubert Competition de Minesota, Boston GuitarFest, Concurso Internacional de les Corts para novos intérpretes en Barcelona, Concurso Internazionale Dei Gargnano, e Certámen Internacional Luys Milan de Guitarra en Valencia. Levin foi artista invitado nunha gran variedade de ciclos de música, incluíndo a Sociedade Española de Guitarra, Veranos de la Villa en Madrid, Amigos de la Guitarra de Valencia, Boston GuitarFest, L’Accademia Musicale Chigiana en Siena, e Festival Pro Música e Cultura en St.Moritz. Como ávido músico de cámara, Levin interpretou con orquestas, cuartetos de corda e varias combinacións de dúo. Adam e o clarinetista español Cristo Barrios presentan transcricións do repertorio tradicional mentres que encargar novas obras de prestixiosos compositores españois e latinoamericanos. Adam e o violinista William Knuth, como Duo Sonidos, presentan unha interpretación unica de música clásica a un público moi diverso de todo o mundo á vez que expanden o repertorio para o violín e guitarra a través de novos encargos de compositores como Eduardo Morales-Caso, Jan Freidlin, Jorge Variego, Ricardo Llorca, e Boris Gaquere. O primeiro disco do Duo Sonidos saíu ao mercado en outono de 2010 e inclúe obras de Salvador Brotons, Eduardo Morales-Caso, Manuel de Falla, e Astor Piazzolla. En decembro de 2010, Duo Sonidos foi galardonado co primeiro premio do Certámen Internacional Certámen Internacional Luys Milan de Guitarra en Valencia. O disco do seu debut foi descrito como un disco “cargado de emoción, co que se poderá gozar en calquera ocasión” por Minor 7th Acoustic Guitar Music Reviews. O disco, Music from Out of Time, patrocinado pola Comunidad de Madrid, contén grabacions insólitas de compositores contemporáneos como Eduardo Morales-Caso, Leonardo Balada, Mario Gosalvez-Blanco, David Del Puerto e José María Sánchez Verdú. O seu cuarto disco, Fuego de la Luna, que recompila as obras de guitarra completas de Eduardo Morales-Caso, será publicado en selo Verso. En 2012 comezará a produción dun proxecto de grabación de catro volumes con publicación conxunta con Brotons e Mercadal Edicions Musicals, presentando as 30 obras españolas como parte da investigación de Levin en España. Como embaixador da guitarra, Levin está disposto a compartir un repertorio único en zonas desfavorecidas e espazos inusuales. En 2005, como parte dun esforzo por recaudar fondos para as vítimas do furacán Katrina, Adam dirixiu o concerto para Gulf-Coast Aid, co que conseguiu recaudar$10,000 en donativos. En 2007-2008 foi premiado coa beca Albert Schweitzer Fellowship, que consistiu en máis de 200 horas de traballo comunitario en zonas escolares de Boston, refuxios, centros de rehabilitación, centros de sobriedade e prisións. En 2008 Levin recibiu a beca Fullbright no campo da interpretación musical para investigar o repertorio contemporáneo de guitarra española en Madrid. En colaboración coas embaixada americana e española, Levin seguiu realizando interpretacións en Madrid en varias escolas bilingües, co fin de presentar o repertorio de música de guitarra clásica española e americana aos alumnos. En 2009 foi galardonado o Program for Cultural Cooperation Fellowship, que promove o intercambio cultural entre España e os Estados Unidos.
En mayo de 2010, Levin foi galardonado con outra beca, a beca Kate Neal Kinley, coa que puido continuar a súa investigación e interpretación da música contemporánea española en Madrid. Nacido en North Shore, Chicago, Adam ten duas licenciaturas por Northwestern University en Interpretación Musical, Psicología e Pre-Medicina. Baixo a tutéla de Eliot Fisk, Levin completou un master de New England Conservatory en Boston. Entre os seus estimados profesores atópanse scar Ghiglia, Gabriel Estarellas, Anne Waller, Mark Maxwell, y Paul Henry. Adam foi profesor de guitarra na Escuela Amadeus de Música en Madrid e actualmente e profesor do conservatorio de Boston.
www.adamlevinguitar.com
Organiza:
Conservatorio Santiago de Compostela
Departamento de guitarra
Xosé Antonio Rodríguez, xefe departamento
José Manuel Dapena – Valentín Novio – Isabel Rei Samartim