Curso de guitarra – Marcos Díaz, 2009

Ver todas

Marcos Díaz, guitarra clásica
Conservatorio de Música de Ourense – España
18-20 febreiro 2009

“O talento de Marcos Díaz no manexo dos diferentes estilos é impresionante.”
Tim Panting, Classical Guitar

Baixo a orientación musical do seu pai, Marcos Díaz empezou a tocar a guitarra aos oito anos. Pouco despois deron comezo as súas clases co guitarrista Isaías Savio, profesor do Conservatorio Dramático Musical de Sao Paulo (Brasil).
Ao cabo de poucos anos, trasladou a súa residencia a España continuando os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense con Tomás Camacho e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con José Luís Rodrigo, onde obtivo o “I Premio Extraordinario Fin de Carreira de Guitarra” en 1984. Durante este tempo participou activamente en master clases internacionais recibindo os ensinos dos máis prestixiosos intérpretes como David Russell, Manuel Barrueco e Sergio Assad entre outros.
Galardoado co primeiro premio en varios concursos de guitarra, Marcos Díaz foi invitado regularmente a participar como solista en importantes festivais e salas de concerto de Europa e Estados Unidos.
Realizou ata o momento tres CDs para o selo discográfico Ópera tres, entre os cales atópase un con obras de Dowland, Bach, Sor, Barrios e Rodrigo e outros dous coas súas propias transcricións para guitarra das 6 suites para violoncelo de J.S.Bach, obtendo unha extraordinaria acollida pola crítica internacional.

https://www.marcosdiaz.com

Organiza:
Conservatorio Santiago de Compostela
Departamento de guitarra
Xosé Antonio Rodríguez, xefe departamento
José Manuel Dapena – Valentín Novio – Isabel Rei Samartim

Patrocina
Estudio 54
https://estudio-54.com

X