Curso completo. So se admiten oíntes.
Pedro Jesús Gómez, guitarra clásica & romántica
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid – España
1-3 abril 2022
Concerto: venres, 1 de abril de 2022 – 20:15 h (Aforo limitado)
I – Pedro Jesús Gómez, guitarra clásica
II – Teresa Barrientos, soprano & Pedro Jesús Gómez, guitarra romántica
Curso: sábado e domingo, 2-3 de abril de 2022 – 10:00 a 21:00 h
Auditorio
Nacido en Albacete, obtivo as titulacións e traballou cos seguintes mestres: doutor en música pola U.A.X (G. Arriaga), máster D.E.A. en musicoloxía pola U.C.M (Suárez-Pajares), máster en interpretación guitarrística (M. Barrueco), Profesor Superior de Guitarra (José Tomás), Título Superior en Corda Pulsada Antiga (J.M. Moreno e J.C. de Mulder). Ademais, recibiu os ensinos, entre outros, de L. Brouwer, D. Russell, J.L. Rodrigo, Pepe Romero, Carles Trepat, Jordi Savall, Hopkinson Smith ou John Griffiths. Gañou o Premio Internacional de guitarra Andrés Segovia.
Catedrático funcionario de carreira de guitarra do R.C.S.M. de Madrid. Exerceu a cátedra de guitarra, tablatura e baixo continuo no Conservatorio Superior de Música de Castilla la Mancha. Realizou xiras de concerto a só, en grupo e con orquestras, masterclass, conferencias e impartiu cursos en 10 países de Europa, Norte e Sudamérica, chegando a tocar para S.M. Raíña Dona Sofía. Publicou once Cd´s, ademais de libros e artigos para Six per Vuit, Vanitas, Q.T.V. Classics, I.E.A., S.G.R. É artista de Mediaset, realizando actuacións en Radio e TV en Europa e América. Membro do xurado dos concursos internacionais do Festival Internacional de Madrid, Cincilia, Ciutat d’Elx, “José Tomás”, Molina de Segura, “Julián Arcas” de Almería, entre outros.
Dende que Leo Brouwer destacase a profesionalidade das súas interpretacións, a crítica especializada escribiu: “A súa interpretación foi impecable, impresionando ao público a pesar da complexidade das obras abordadas coa guitarra” (Violão Intercambio). “Un excepcional concerto, cun atractivo indiscutible entre o virtuosismo e a emoción”, “Un dos máis destacados intérpretes europeos” (Tribuna). “Unha lectura cálida, profunda e moi humana, nunha vihuela admirablemente tañida” (CD Compact). “…profundo coñecedor do repertorio, sabendo transmitir a súa linguaxe tanto cunha coidada interpretación como con puntuais explicacións das obras interpretadas.” (La Nueva España).
www.webpedrojesus.com
Artista invitada: Teresa Barrientos, soprano
Realiza os seus estudos superiores e de posgrao en musicoloxía na Universidad de Salamanca (1995) e na Royal Holloway University of London (1997). En 1999 finaliza o seu máster no programa “Documentación y Fuentes Musicales” obtendo a cualificación de “Sobresaliente y la Suficiencia Investigadora” co programa ‘Música y Representación’. Posteriormente amplía os seus estudos obtendo a titulación superior de música nas especialidades de Teatro Lírico e Pedagoxía do Canto na Escuela Superior de Canto de Madrid (2004 y 2007)
Entre as súas numerosas actuacións presentouse no Auditorio Nacional de Música de Madrid e o Palau de la Música en Barcelona entre outros. Realizou numerosas colaboracións con entidades como a Orquestra e Coro da RTVE ou co London Philharmonic Choir realizando xiras por países como Marrocos, Corea do Sur, Italia, Francia, Inglaterra e Bélxica.
O repertorio traballado aborda diferentes estilos dende o repertorio clásico tradicional de música sinfónica e Oratorio, a música contemporánea e o xénero Musical, realizando neste último o papel protagonista de Christine no musical “The Phantom of the Opera” (Madrid 2002- 2004).
Teresa Barrientos é, dende 2017, profesora no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid impartindo actualmente as materias de Técnica Vocal en Grao e a especialidade de canto no máster de “Interpretación e Investigación Performativa de Música Española”.
https://www.facebook.com/events/890788744926344
Organiza:
Conservatorio Santiago de Compostela
Departamento de guitarra
José Manuel Dapena, xefe departamento
Xosé Antonio Rodríguez – Valentín Novio – Isabel Rei Samartim
Patrocina:
Knobloch Strings
www.knoblochstrings.com
Centro Autonómico de Formación e Innovación
www.edu.xunta.gal/web/cafi
Pablo Sánchez Otero
www.pablosanchezoteroguitars.com
Air Classical
www.airclassical.com
Pauta Música
www.pautamusica.com
Amigos de la Ópera de Santiago de Compostela
www.operacompostela.com