Curso de mecánica básica para frautistas

Ver todas

INSCRICIÓN ONLINE

Prazo de inscrición ata o venres 21 de xaneiro

INFORMACIÓN XERAL

Datas: Sábado 29 e domingo 30 de xaneiro de 2022

Horario: Sábado: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00

Domingo: 10:00 a 14:00

Lugar: CMUS Profesional de Santiago

Matrícula gratuíta

Prazas limitadas, as prazas serán adxudicadas por orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado do CMUS Profesional de Santiago.

Si estás interesado en adquirir o kit de ferramentas, envía un correo a efren.escuredo@edu.xunta.gal e infórmate.

Kit de ferramentas básicas: 60€ (opcional)

Nº de conta para o pagamento do kit:

IBAN ES04 2080 0348 30 3040011278

 

OBXECTIVOS DO CURSO

Coñecer a anatomía e o funcionamento do mecanismo da frauta.

Identificar fallos no instrumento.

Dotar de coñecementos e habilidades.

Aprender a diferenciar que pode facer un mesmo e cando acudir a un técnico especialista.

 

CONTIDOS

Desmonte e montaxe: Pasos a seguir e precaucións que se deben tomar.

Limpeza mecánica.

Comprobación e cambio de corcho de embocadura.

Comprobación do peche das zapatillas.

Tipos de chemineas e zapatillas.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO

Todos os frautistas (preferiblemente a partir de grao profesional).

 

METODOLOXÍA E MATERIAIS PARA O CURSO

En cada sesión haberá unha exposición teórica breve e descrición de todos os pasos, técnicas e demais, sendo principalmente práctico.

É necesario traer la frauta (non é necesario que sexa unha frauta antiga nin en malas condicións, ao contrario).

Tamén elaborei unha lista de ferramentas básicas para utilizar durante o curso e así, ao finalizar este, todos os asistentes que opten por adquirir o lote terán un kit de supervivencia para futuras ocasións.

Máis información: efren.escuredo@edu.xunta.gal

X