Luns 17 de febreiro de 2020
17:30 horas
Aula orquestra
Andrés Vázquez Romero (Noia, 1994) estuda interpretación de guitarra clásica no “Conservatorio Profesional de Música Felipe Paz Carbajal” durante os graos elemental e profesional. No 2015 accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, onde se atopa rematando os estudos do itinerario de guitarra. Ten asistido a masterclasses de Alex Garrobé (2016) e Michalis Kontaxakis (2018). Este concerto inclúese nunha serie dedicada á preparación do seu Concerto de Fin de Estudos.
Programa:
Homenaje a Toulouse-Lautrec: Eduardo Sainz de la Maza
Grand Ouverture: Mauro Giuliani
Sonata: Joaquín Turina