O vindeiro 27 de novembro o dúo Stellae ofrecerá un recital coas sonatas nº 5 e 7 para violín de Beethoven. Este recital comenzará ás 20:00 horas e será transmitido a través de Facebook Live no seguinte link:
https://www.facebook.com/cmussantiago/videos/901286610276590/www.facebook.com/cmussantiago/live
O dúo Stellae, formado pola violinista Mª Victoria Jericó e o pianista Manuel López Jorge, comezou en 2012 sendo estudantes no Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance. O interese mútuo polo repertorio camerístico, despois de pasar por diferentes formacións, levounos a explorar un repertorio vasto, que vai do clásico ao contemporáneo. Tamén estrearon obras propias, como a obra “Claroscuro”, da que é autor Manuel López. Foron seleccionados no Royal Greenwich String Quartet Festival e tocaron en auditorios como o Wigmore Hall, entre moitos outros.
PROGRAMA
Sonata nº 5 en FaM “Primavera” Op. 24 L. v. Beethoven
I.Allegro
II. Adagio molto espressivo
III. Scherzo. Allegro molto
IV. Rondo. Allegro ma non troppo
Sonata nº 7 en Dom Op. 30 nº2 L. v. Beethoven
I. Allegro con brio
II. Adagio cantabile
III. Scherzo. Allegro
IV. Finale. Allegro