Bolsas

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS

Poderá solicitar bolsas de estudos o alumnado do grao profesional que cumpra os requisitos establecidos a tal efecto na convocatoria publicada polo Ministerio de Educación.

Prazo para presentar a solicitude: do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

1ª Fase: comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

2ª Fase: información aos solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dando un prazo para formular alegacións se procede. Doutra banda, información do procedemento e prazo para a modificación da súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información:

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Resolución do 10 de marzo de 2022

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

É obriga do alumnado bolseiro que unha vez informada a súa solicitude dea traslado ao centro do resultado, si a bolsa é concedida, a matrícula no centro será gratuíta, si pola contra é denegada, o/a alumno/a deberá aboar o importe de matrícula máis os xuros correspondentes dende o momento de formalización da mesma ata o momento da resolución da bolsa como establece o DECRETO 89/2013 do 13 de xuño.

Lexislación das ensinanzas musicais.

GRAO ELEMENTAL

A ordenación do grao elemental das ensinanzas de música está establecido no DECRETO 198/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na CIRCULAR 4/2008.

GRAO PROFESIONAL

O currículo das ensinanzas profesionais de música está regulado no DECRETO 203/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na ORDE do 28 de xullo de 2008.

TAXAS

O DECRETO 89/2013. regula os PREZOS PÚBLICOS correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música.

Aclaracións da Consellería de Cultura, Educación e O.U. referente aos prezos públicos.

Na seguinte ligazón recóllese a normativa básica de música da nosa comunidade autónoma.

Poden consultar toda normativa no buscador da Consellería de Educación e O. U.

X