SOLICITUDE DE TRASLADO DE MATRÍCULA
O prazo recomendado para a presentación das solicitudes de traslado de matrícula é a primeira quincena de xullo.
Para realizar dita solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
– Instacia de solicitude de traslado
– Protocolo para o acceso por traslado
– Fotocopia do DNI ou Libro de Familia (folla do alumno/a)
– Documentación xustificativa do motivo alegado para solicitar o traslado
– Certificado académico de estudos
– No caso de que no momento da solicitude o alumno ou alumna teña materias pendentes para a convocatoria extraordinaria de setembro deberá presentar certificación actualizada unha vez realizadas as probas.
A presentación da solicitude non garante a obtención de praza neste centro para o vindeiro curso académico.