Conversando con Inés Badalo 22/02/24

Ver todas

 

IMPORTANTE: por causas de forza maior trasládase a actividade ao día 22 de febreiro ás 16:30 na aula de Cámara 2

Encontro coa compositora Inés Badalo, un dos referentes da música contemporánea na Península nos últimos tempos, aproveitando a súa estadía en Santiago con motivo da interpretación de Entropía pola Real Filharmonía de Galicia. Para coñecer máis sobre a súa música, alumnado e profesorado do centro interpreterán varias das súas obras e haberá un coloquio coa autora.

22 de febreiro de 2024 16:30 horas

Aula de Cámara 2

Entrada libre ata completar localidades

 

Estrellas fugaces (2023)

Ánxela Cruz Saborido 5GP, piano

Gama I (2021)

María Camiña Caneda 5GP, piano

Gama II (2021)

Constanza Dapena 6GP, violín

Gama III (2021)

Mónica Rodríguez Dafonte 5GP, frauta

Policromia vidrada (2016)

Xosé Antonio Rodríguez Álvarez, guitarra

Libro de arena (2021)

María Blanco Iglesias 4GP, piano

BIOGRAFÍA INÉS BADALO

Inés Badalo (1989, Olivenza) é unha guitarrista e compositora hispano-portuguesa. Rematou os estudos de composición na Escola Superior de Música de Lisboa con Luís Tinoco e asistiu a clases con José Manuel López López, Franck Yenikian, Chistopher Bochmann ou Pedro Amaral, entre outros. Ao mesmo tempo, rematou o Bachelor con Evaristo Valento e Antonio Jorge Gonçalves. Actualmente está realizando un doutorado en Música e Musicoloxía, na especialidade de composición, na Universidade de Évora.

Recibiu encargos de institucións públicas e privadas, como o Centro Nacional de Difusión Musical, a RTP-Antena 2 portuguesa, Mixtur Festival, Sociedade Filarmónica de Badajoz, Arte no Tempo, Ensems Festival, DGArtes, Densité 93, Instituto Nacional de Artes Escénicas y Música, NAK Festival, ou a Orquesta y Coro Nacional de España.

Foi seleccionada para bolsas do Ministerio de Cultura e a Fundación Gulbenkian e recibiu numerosos premios nacionais e internacionais: Premio de composición da Sociedade Portuguesa de Autores/ Antena 2 (2017), Francisco Guerrero Marín de novos compositores (2017), Premio FIDAP do Concurso Internacional “Cittá di Udine” (2018), o concurso internacional Manuel de Falla (2016), concurso internacional Fernando Lopes-Graça (2017). En 2019 gañou o Premio de Composición do Colegio de España en Madrid, organizado polo INAEM do Ministerio de Cultura e foi seleccionada en 2023 para representar a Portugal no UNESCO International Rostrum of Composers (Holanda).

A súa música foi interpretada por ensembles, solistas e orquestras de renome: WDR Sinfonieorchester, Orquesta Nacional de España, Plural Ensemble, Hand Werk Ensemble, Sigma Project, Orquestra Gulbenkian, Ensemble vocal Soli-Tutti, Ensemble Sonido Extremo, neopercusión, Vertixe Sonora, Mikrolosmos Ensemble, Zahir Ensemble, Orquesta Sinfónica de Extremadura, Grupo de Música Contemporânea de Lisboa, Orquesta Joven Nacional de España, Kuraia Ensemble ou Grupo Enigma.

X